Carmen Guillén Lorente
Carmen Guillén Lorente, nada en Mazarrón, Murcia en 1988, é doutora en historia contemporánea española.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1988 ![]() Mazarrón, España ![]() |
Educación | Universidade de Murcia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | historiadora contemporánea, investigadora, docente ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarDesde moi nova tivo unha dobre vocación; a historia e a medicina. Por motivos persoais e familiares inicialmente orientou os seus estudos cara a medicina. Se diplomó en Óptica e Optometría na Universidade de Murcia (UMU) e é profesora asociada á Área de Historia da Ciencia, no departamento de Ciencias Médicas.
Posteriormente e na mesma universidade, licenciouse en Historia e realizou un mestrado en Historia Social Comparada. É doutora en historia contemporánea pola UMU, onde presentou a súa tese de doutoramento, que obtivo a cualificación cum laudeː[1] El Patronato de Protección de la Mujer: prostitución, moral e intervención estatal durante el franquismo (2018)[2], cunha finalidade dobreː[3]
“por unha banda, destacar a importancia do Padroádego de Protección da Muller na sociedade franquista como elemento clave na construción do comportamento moral feminino e, por outra, elaborar un estudo sobre a prostitución durante o franquismo, poñendo de manifesto a represión sexual que sofren as mulleres nesa etapa e influíndo nas considerables diferenzas coa sexualidade masculina".
Imparte clases no Grao en Medicina e no mestrado en Educación e Museos. Patrimonio, Identidade e Mediación Cultural, na Universidade de Castela-A Mancha, onde iniciou a súa carreira investigadora.[4]
Nun contexto amplo, a súa principal área de interese é a historia social e o impacto que ten nas persoas. A represión feminina durante o franquismo e a análise das diferentes culturas do erotismo durante o primeiro terzo do século xx español son dous dos seus campos de investigación.[5]
Guillén tiña o propósito de escribir a súa tese de doutoramento sobre a prostitución durante o franquismo, pero tivo grandes dificultades para obter fontes documentais. Nesta procura de documentación atopouse varias veces co Padroádego de Protección da Muller, institución que descoñecía e cara á que centrou a súa investigación, cambiando o obxecto de estudo inicial.[6]
O Padroádego de Protección da Muller
editarAínda que o franquismo foi moi burocrático, cando Guillén empezou a indagar sobre as fontes que lle facilitasen información sobre o padroado, resultoulle moi difícil acceder a elas. Debido a que a estrutura do padroado, ademais dunha xunta nacional, articulábase con varias xuntas provinciais e non existía un arquivo único con toda a documentación recompilada nun lugar. Isto supuxo unha dificultade engadida en tempo e traballo até conseguir os documentos necesarios para realizar a súa investigación.[6]
Finalmente, localizou un arquivo da Consellería de Seguridade Social, onde se comprobou a existencia de máis de mil caixas nas que se atopaban expedientes, informes e outros documentos pertencentes o padroádego, pero a maioría delas perdéronse, quedando só unha trintena. Tamén hai que mencionar que debido á lei de protección de datos, o acceso a determinados documentos foi restrinxido. Os arquivos das xuntas provinciais de Sevilla e Segovia foron as principais fontes documentais da súa tese.[6]
O Padroado de Protección á Muller foi unha das institucións máis lonxevas e represivas do franquismo e tamén das máis descoñecidas. Aínda que xa existiu durante uns anos a principios do século xx, o franquismo recuperouno e puxo en funcionamento no ano 1941 e non foi até o ano 1984, xa en democracia cando finalizou definitivamente.[7] Como explica Guillén, o seu obxectivo era "redimir á muller caída e á que está en perigo de caer".
Á fronte da xunta directiva estivo o ministro de xustiza, pero presidida de xeito honorífico por Carmen Polo. A súa estrutura piramidal estaba formada por unha xunta nacional e varias xuntas provinciais. Os edificios, que eran como reformatorios, estaban dirixidos por ordes relixiosas, na súa maioría oblatas e adoratrices.
As mozas entraban no padroádego fundamentalmente por dúas vías: pola actuación policial por cuestións morais, ou por iniciativa das súas propias familias, coa convicción de que era o mellor para elas. A estadía media no centro foi de 6 meses a 2 anos, con chegadas e saídas ao longo dese tempo. Vivían nun réxime carcerario e privadas da súa liberdade. A represión e o adoutrinamento moral foron a tendencia constante, co obxectivo de establecer o pensamento ideal franquista para as mulleres: a submisión e a abnegación. Horas de oración, traballo doméstico e silencio foron as actividades que se impuxeron para acadar o obxectivo e a “redención” das mulleres presas.[6]
Para Carmen Guillén, a creación do padroado respondeu á visión tradicional da ditadura franquista respecto das mulleres, ás que considerou como únicas receptoras da súa lexislación sobre a moralidade. A investigadora sinala como porén non se considerou necesario crear un padroado de protección ao home, para vixiar o seu correcto comportamento moral e que tampouco existiron sancións para os clientes da prostitución.[8]
Selección de investigación
editarEntre os principais proxectos subvencionados nos que participou, co catedrático de antropoloxía da UMU Klaus Schriewer, se encuentranː[4]
- 2019-2022ː Aspectos culturales de la integración europea (ACIE). Módulo Jean Monnet. Education Audiovisual and Culture Executive Agency. Comunidade Europea.
- 2017-2020ː Historia cultural del Cementerio de Nuestro Padre Jesús. Concello de Murcia e Sociedade Murciana de Antropoloxía.
- 2016-2018ː Cultures of Securityː New Challenges for Europe. Módulo Jean Monnet. Education Audiovisual and Culture Agency. Comunidade Europea.
Co investigador Salvador Cayuelaː
- 2020-2023ː Memoria y Experiencia de las Víctimas del Terrorismo para una mayor visibilidad en Europa (MEVIT), en el marco del Programa Erasmus+, na Convocatoria de Propostas 2020. Unión Europea.
Entre os seus últimos temas de investigación atópase as enfermidades como construción social.[6]
Premios e recoñecementos
editarNotas
editar- ↑ "EL ESTUDIO SOBRE EL PATRONATO DE PROTECCIÓN A LA MUJER OTORGA LA CALIFICACIÓN DE CUM LAUDE A CARMEN GUILLÉN". Consultado o 10 de abril de 2024.
- ↑ Guillén Lorente, Carmen. El Patronato de Protección a la Mujer: prostitución, moralidad e intervención estatal durante el franquismo (PDF). Universidad de Murcia.
- ↑ Palau Galdón, Marta; García Carbonell, María (2023-06-07). "Carmen Guillén: “El Patronato controló la moral femenina a través de un sistema carcelario”" (en castelán). Consultado o 31 de marzo de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 "Carmen Guillén Lorente – Camies" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2024. Consultado o 31 de marzo de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 S.L.L, Avatar Internet. "Carmen Guillén premiada en los IV Premios Científicas Jóvenes Lyceum" (en castelán). Consultado o 10 de abril de 2024.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "UCLMdivulga". Universidad de Castilla-La Mancha (en castelán). Consultado o 31 de marzo de 2024.
- ↑ "Decreto de 6 de noviembre de 1941 por el que se organiza el Patronato de Protección a la Mujer" (PDF). 20 de noviembre de 1941.
- ↑ Guillén Lorente, Carmen (2017). "Entre la legalidad y el castigo: Patronato de protección a la mujer y prostitución en la Murcia del primer franquismo (1939-1956)". Fronteras contemporáneas. Identidades, pueblos, mujeres y poder (PDF). Universidad Autónoma de Barcelona. ISBN 978-84-17238-03-2.
- ↑ "Carmen Guillén reconocida en el Día Internacional para la Eliminación de la Violencia contra las Mujeres". La voz de Mazarrón (en castelán). 2020-11-27. Consultado o 11 de abril de 2024.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Guillén Lorente, Carmen (2020). Bulletin d’Histoire Contemporaine de l’Espagne [En ligne], 54, 2020, mis en ligne le 01 juillet 2020, ed. El Patronato de Protección a la Mujer: prostitución, moralidad e intervención estatal durante el franquismo. doi:10.4000/bhce.3117. Consultado o 31 de marzo de 2024.
Ligazóns externas
editar