Carlos de Passos
Carlos Fernandes de Pasos, nado no Porto o 24 de decembro de 1890 e finado no mesmo lugar o 18 de xullo de 1958, foi un historiador, xornalista e publicista, que colaborou na monumental História de Portugal dirixida por Damião Peres e tamén nas revistas Terra portuguesa (1916-1927) e Revista Municipal[1] do Concello de Lisboa.[2][3]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1890 ![]() Porto, Portugal ![]() |
Morte | 1958 ![]() |
País de nacionalidade | ![]() |
Educación | Universidade de Coímbra ![]() |
Actividade | |
Ocupación | historiador ![]() |
Membro de |
Traxectoria
editarNaceu na cidade do Porto, oriundo dunha familia con raíces en Ponte de Lima, onde posuían propiedades, e tamén con raíces na Galicia fidalga.
Estudou Ciencias Histórico-Xeográficas na Universidade de Coímbra onde foi alumno de Carolina Michaëlis de Vasconcelos. Alí comezou a escribir en O Instituto. Jornal Scientífico e Litterario.[4]
Foi historiador, investigador rexionalista e escritor con vasta obra publicada, especialmente sobre Ponte de Lima. Foi tamén tenente de alcalde de Ponte de Lima.
A conexión a Ponte de Lima débese a vivir regularmente na Casa da Cruz da Pedra, na freguesía de Sá, herdada da familia paterna.[5]
Cando faleceu, da súa biblioteca privada foron doados cerca de dous mil libros á Biblioteca Municipal de Ponte de Lima.
Relación con Galicia
editarNos anos 1920 entrou en contacto con intelectuais galegos, sobre todo Antonio Noriega Varela. Os contactos estritáronse na Semana Cultural Galega que o Seminario de Estudos Galegos organizou en 1935 no Porto na que quedou con dedicatorias de Vicente Risco, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde e Xesús Carro. Tamén se relacionou con Leandro Carré Alvarellos, colabou en A Nosa Terra e en 1924 foi nomeado correspondente da Real Academia Galega. No arquivo que el doou á Biblioteca Municipal de Ponte da Lima consérvanse 151 cartas cos seus amigos galegos.[4]
Recoñecementos
editarFoi distinguido coa comenda da Orde de Afonso X, o Sabio (Orden Civil de Alfonso X el Sabio), de España, e coa comenda da Orde Suprema Militar do Templo de Xerusalén.[5]
Notas
editar- ↑ "Revista Municipal [1939-1954]". hemerotecadigital.cm-lisboa.pt (en portugués). Consultado o 2020-10-30.
- ↑ "Dicionario jornais" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt.
- ↑ A Carlos de Passos : homenagem dos seus amigos e camaradas. Porto : Editorial Domingos Barreira, 1958.
- ↑ 4,0 4,1 Arias Cachero, Patricia (Xullo, agosto, setembro 2020). "O historiador portugués Carlos de Passos e a súa relación con intelectuais galegos". Grial. LVIII (227): 40–45. ISSN 0017-4181.
- ↑ 5,0 5,1 "Carlos de Passos". Carlos de Passos (en portugués). Consultado o 2020-10-30.