Carlos Wilson Cachicote
Carlos Wilson Cachicote da Rocha, coñecido como Rudy, nado en Oeiras (Lisboa) o 1 de maio de 1989, é un futbolista portugués. Xoga de mediapunta e o seu equipo actual é o CF União.
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1 de maio de 1989 ![]() Oeiras, Portugal ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 187 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 70 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2008 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista e dianteiro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarO 23 de xullo de 2013 foi presentado como xogador do Deportivo da Coruña, cun contrato por 2 anos e unha cláusula de rescisión de 6 millóns de euros.[1] O 31 de xaneiro de 2014 anunciouse a súa cesión ao Belenenses. Tralo regreso da cesión na escuadra lusa rescindeu contrato co Deportivo ao non contar coa confianza do adrestrador Víctor Fernández para xogar no equipo herculino, asinando polo cadro grego do Skoda Xanthi.[2] A finais dese mesmo ano partiu cara a terra dos seus devanceiros para se unir ao Recreativo do Libolo, campión da liga angolana[3].
Selección nacional
editarA nai de Rudy é angolana e o seu pai é santomense. Isto permitiu que Rudy puidese xogar coa selección angolana, sendo convocado o 23 de maio de 2014 para os encontros amigábeis contra Marrocos e Irán[4], aínda que o seu debut tivo lugar o 3 de agosto fronte a Etiopía[5].
Palmarés
editar- Recreativo do Libolo
- Supertaça de Angola: 2015[6]
- Primeira División de Angola: 2015[7]
Notas
editar- ↑ "Rudy: "El Dépor es un grande en España"". CanalDeportivo. 23 de xullo de 2013. (en castelán)
- ↑ "El Deportivo y Rudy acuerdan la rescisión de su contrato". Marca. 22 de agosto de 2014. (en castelán)
- ↑ "Angola: Rudy assina pelo Recreativo do Libolo". Record. 27 de decembro de 2014. (en portugués)
- ↑ "Angola pick several new faces for upcoming friendlies". BBC Sport. 23 de maio de 2014. (en inglés)
- ↑ "Rudy debuta con Angola al participar 30 minutos en el triunfo sobre Etiopía". CanalDeportivo. 4 de agosto de 2014. (en castelán)
- ↑ FUTEBOL: LIBOLO VENCE A SUA 1ª SUPERTAÇA! (4-2 NOS PENALTIES) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en portugués)
- ↑ GIRABOLA'15: LIBOLO CONQUISTA BI-CAMPEONATO !!! Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en portugués)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en ceroacero.es (en castelán)
- Datos do xogador en foradejogo.net Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)