Carlos Méixome
Carlos Méixome Quinteiro, nado en Lalín o 18 de setembro de 1954, é un historiador e escritor galego.
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de setembro de 1954 (70 anos) Lalín, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | historiador, escritor |
Traxectoria
editarNaceu en Lalín pero pronto foi para O Carballiño. Estudou Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Xeografía e Historia en centros da comarca de Vigo e o Val Miñor. En 1999 participou na fundación do Instituto de Estudos Miñoranos, do que foi director ata o 2015. Colaborou co Instituto Galego de Análise e Documentación (IGADI) publicando sobre a Iugoslavia, Cuba e Rusia. Desde o 2005 leva unha boa actividade memorialística sobre a persecución franquista no Val Miñor e no sur da provincia de Pontevedra.[1]
En 2015 publicou unha recompilación dos seus artigos xornalísticos co título Daquí e dacolá. Follas voadeiras. Desde 2014 mantén o blog Pé do Galiñeiro. Tamén colabora con A Nova Peneira.[2]
Obras
editar- Textos e documentos para a historia contemporánea de Galicia (século XX) (1999). Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-090-5.
- Castelao. Unha historia do nacionalismo galego (2000). Edicións do Cumio. 192 páxs. ISBN 9788482890951.
- Daquí e dacolá. Follas voadeiras, 2001-2014 (2014).[3] Autoedición. A primeira parte está dedicada a Luís Tobío.[4]
- Catas na memoria. A persecución franquista no Val de Miñor (2021). Laiovento. 232 páxs. ISBN 978-84-8487-505-5.[5]
- O terror nas tebras e outras catas na memoria (2022). Laiovento. 416 páxs. ISBN 978-84-8487-563-5.
Notas
editar- ↑ Redacción (2021-06-07). "Carlos Méixome presenta en Nigrán su libro “Catas na memoria. A persecución franquista no Val de Miñor”". ValmiñorTV (en castelán). Consultado o 2022-03-14.
- ↑ Figueiredo, G. (2021-03-17). "Carlos Méixome, historiador e escritor -". Consultado o 2022-03-14.
- ↑ IEM. "Presentación do libro “Daquí e dacolá. Follas voadeiras 2001 – 2014”, de Carlos Méixome Quinteiro. – IEM". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-03-14.
- ↑ "Carlos Méixome Quinteiro: "Debemos de contar con una perspectiva propia gallega"". Faro de Vigo (en castelán). 2015-05-16. Consultado o 2022-03-14.
- ↑ "Edicións Laiovento - CATAS NA MEMORIA". laiovento.gal. Consultado o 2022-03-14.