Carlos Lobón
médico e político español,
Eugenio Carlos Lobón Cervia, nado en 1951 en Valladolid e finado na mesma cidade o 5 de decembro de 2008[1], foi un médico e político español, alcalde do concello de Abadín.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 Valladolid, España |
Morte | 5 de decembro de 2008 (56/57 anos) Valladolid, España |
Alcalde de Abadín | |
1979 – 1980 – Pedro Fernández Carreiras → | |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Traxectoria
editarMédico endócrino, foi destinado na súa primeira praza como doutor á localidade de Abadín. Alí foi concelleiro e nas primeiras eleccións democráticas, Lobón foi elixido alcalde en representación da Unión de Centro Democrático, pero dimitiu un ano despois, e foi substituído polo seu compañeiro centrista Pedro Fernández Carreiras. Posteriormente foi destinado fóra de Abadín, e dende a década dos oitenta ata o remate da súa carreira profesional exerceu na cidade de Valladolid, onde chegou a acadar postos directivos no colexio de médicos desa provincia.
Recoñecementos
editar- Fillo adoptivo do concello de Tordehumos (Valladolid), a título póstumo[2].
Notas
editar- ↑ Axis, Revista del Ilustre Colegio Oficial de Médicos de Valladolid, febreiro de 2009, p.11
- ↑ El municipio rinde homenaje póstumo a Carlos Lobón Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine., M.G. Marbán, El Día de Valladolid', 18/10/2009.