Carlos Herrero Latorre

Carlos Herrero Latorre, nado o 1 de xullo de 1961 en Lugo,[1] é un químico e quimiómetra galego.

Modelo:BiografíaCarlos Herrero Latorre
Biografía
Nacemento1 de xullo de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata

BUSC: herrero-latorre-carlos-1961

Traxectoria

editar

Estudou química na Universidade de Santiago de Compostela (1979-1984). Traballou en Pescanova e é profesor da USC desde 1988. Foi vicedecano da Facultade de Ciencias de Lugo (1994-1995), adxunto ao Vicerreitor de coordinación do Campus de Lugo (1995-2000), decano da Facultade de Ciencias de Lugo (2000-2002) e Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo (2002-2010). Actualmente é catedrático de Quimica Analítica.

É autor de máis dun cento de artigos científicos e foi investigador principal de máis de 25 proxectos e contratos de investigación con empresas. Entre outras obras publicou Manual práctico de química analítica (1999) con Sagrario García Martín e Rosa M. Peña Crecente. Foi co-fundador da empresa AmsLab (Applied-Mass Spectrometry Laboratory), e en 1998 foi recoñecido coa insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela.

  1. Casal, Iolanda (11 de setembro de 2006). "Entrevista a Carlos Herrero". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar