Carlos Folgueira García
Carlos Folgueira García, nado en Mondoñedo o 17 de marzo de 1937 e finado na Coruña o 2 de agosto de 1993, foi un confiteiro galego, máis coñecido co alcume do Rei das Tartas, famoso por ser o creador da Torta de Mondoñedo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de marzo de 1937 ![]() Mondoñedo, España ![]() |
Morte | 2 de agosto de 1993 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | empresario ![]() |
Traxectoria
editarNa década de 1950 creou a Torta de Mondoñedo que promocionaba en feiras e festas ás que asistía vestido de branco co seu grande chapeu de cociñeiro co escudo de Galiza. Foi o director do xornal La Voz de Asturias o que lle puxo o alcume de El Rey de las Tartas co que se fixo famoso.[1] Nos anos 80 e 90 aparecía en programas como Un, Dos, Tres de TVE e na TVG para promocionar a súa torta.
O negocio familiar foi continuado polo seu fillo Carlos. En 2003 a marca O Rei das Tartas pasou a ser unha franquía de hostalería.
Recoñecementos
editarFoi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo.
- Cabaleiro da Asociación Maxistral de Gastronomía.
- Medalla ao mérito turístico a título persoal (1977), Ministerio de Turismo de España.
- Medalla da Confrérie de la Chaîne des Rôtisseurs, Monsieur Maître de Rôtisseur (París, 1981).
- Medalla de Galicia 1993 (medalla de bronce).[2]
- Medalla e título de artesán distinguido da provincia de Lugo.
- Medalla de prata e título de Señor da Feira de Vilagarcía de Arousa.
- Diploma de honra na Feira alimentaria de Barcelona.
Notas
editar- ↑ "EL REY DE LAS TARTAS mondonedo.org" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2015. Consultado o 01 de maio de 2015.
- ↑ Medallas de Galicia 1993 Bronce Xunta de Galicia.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. pp. 105–106.