Carlos Filipe Ximenes Belo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.) |
Carlos Filipe Ximenes Belo, nado en Baucau o 3 de febreiro de 1948 é un bispo católico de Timor Leste,[1] Premio Nobel da Paz en 1996.[2]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1948 ![]() Baucau, Timor Leste ![]() |
Bispo titular | |
21 de marzo de 1988 – ← Ennio Appignanesi Diocese: Lorium (en) ![]() | |
Administrador apostólico | |
21 de marzo de 1988 – 26 de novembro de 2002 ← Martinho da Costa Lopes (pt) ![]() ![]() Diocese: Arquidiocese de Díli (pt) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Universidade Pontificia Salesiana Universidade Católica Portuguesa (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Catolicismo ![]() |
Ocupación | bispo católico (1988–), sacerdote católico (1980–), político ![]() |
Orde relixiosa | Sociedade de San Francisco de Sales ![]() |
Consagración | Francesco Canalini ![]() |
Premios | |
Traxectoria
editarPasou unha infancia precaria, trala morte do seu pai cando tiña dous anos. Adicouse ao pastoreo de búfalos e a mendicidade. Ingresou en 1962 no seminario de Menegah de Dili e máis tarde no de Dili. Continuou os estudos en Portugal. Entrou na orde salesiana e completou a súa formación na Universidade Pontificia desa orde. Adoitaba visitar poboados marxinais e vítimas da represión.
Foi ordenado bispo por Xoán Paulo II en 1988 tras designalo en 1983 administrador apostólico de Dili. Continuou a súa loita a prol dos dereitos humanos, denunciando violacións e abusos e publicando listas de desaparecidos, acusando ao exército indonesio. Foi vixiado e expiado. Pediu á ONU a descolonización de Timor Oriental. Sufriu varios intentos de asasinato.
Tras a concesión do premio Nobel da Paz, entrevistouse co presidente de Indonesia Yusuf Habibie a quen lle pediu un referendo de autodeterminación e o ensino na lingua indíxena tetun. Mediou entre as partes en conflito buscando a reconciliación.
En 2004 marchou de misioneiro a Mozambique onde desenvolve accións de promoción social, axuda económica e educativa de poboacións indíxenas empobrecidas.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Martinho da Costa Lopes |
1983 - 2002 |
Sucesor: Basílio do Nascimento |