Carlos Durán
Carlos Durán Rodríguez, coñecido como Carlos Durão, nado en Madrid o 5 de xaneiro de 1943 e finado en Vigo o 8 de setembro de 2023,[1] foi un escritor e xornalista galego.
Nome orixinal | Carlos Durán Rodríguez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de xaneiro de 1943 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 8 de setembro de 2023 ![]() Hospital do Meixoeiro, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarNado nunha familia galega con tradición emigrante, viviu nos seus primeiros anos en diversas localidades galegas. Estudou bacharelato en Vigo e estudos universitarios en Santiago de Compostela e na Universidade Central de Madrid, onde se licenciou en Filosofía e Letras, ramo de xermánicas en 1968. Residente en Londres, foi un dos fundadores (1970) do Grupo de Traballo Galego de Londres que elaborou un Plan Pedagóxico Galego publicado en Grial en 1971. Foi profesor de castelán e francés na St. Giles School of Languages da cidade londiniense e redactor radiofónico para o Servizo Exterior da BBC, e tradutor técnico en organismos da ONU.
Foi membro do Comité de Cultura do Centro Galego de Londres, e colaborador de publicacións como Grial, Teima, A Nosa Terra, Agália, O Ensino, Nós, Cadernos do Povo e Hífen. Membro das Irmandades da Fala de Galiza e Portugal, Associação de Amizade Galiza-Portugal, Associaçom Galega da Língua, Asociación de Escritores en Lingua Galega e académico da Academia Galega da Língua Portuguesa.
Coordinador da Comissão de Lexicologia e Lexicografia da Academia Galega da Língua Portuguesa, foi o propio coordinador da elaboración do Vocabulário Ortográfico da Galiza, publicado pola devandita institución en 2015.[1]
Obra
editarNarrativa
editar- A Teima, 1973, Galaxia, novela psicolóxica.
- Galegos de Londres, 1978, Ediciós do Castro, novela baseada na experiencias dos emigrantes galegos.
- Silêncio, nós, 1988, Fundação Europeia Viqueira, Cadernos do Povo, novela.
Poesía
editar- Poemas do Não, 1987.
- Focagens - fogagens : de correctione castraporum, 1991, Irmandades da Fala de Galiza e Portugal.
- Paralaxes, 1994, Irmandades da Fala de Galiza e Portugal.
Obras colectivas
editar- Catro narracións, 1977, Ediciós do Castro.
- Prontuário Ortográfico das Irmandades da Fala, 1984, Irmandades da Fala de Galiza e Portugal.
- Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1984), 1986, AGAL.
- Galiza: língua e sociedade (XIV ensaios), 2009, Associação de Amizade Galiza-Portugal.
Premios
editar- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 1975, por O internado.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Falecimento do académico Carlos Durão". Academia Galega da Língua Portuguesa. 8 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2023. Consultado o 09 de setembro de 2023.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dolores Vilavedra (coord.) Diccionario da Literatura Galega, vol. 1, Galaxia, 1995