Canet de Mar
Canet de Mar é un concello español da costa do Maresme, na provincia de Barcelona, Cataluña. Está situado a 43 quilómetros de Barcelona, entre os municipios de Arenys de Mar e Sant Pol de Mar.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Maresme | ||||
Capital | Canet de Mar (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 15.140 (2024) (2.703,57 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 79 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 5,6 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 15 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Pere Xirau Espàrrech (en) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08360 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08040 | ||||
Código territorial IDESCAT | 080403 | ||||
Sitio web | canetdemar.cat | ||||
Segundo datos do INE tiña 14.072 habitantes en 2011. Nos últimos anos, a poboación creceu considerablemente coa expansión da presión inmobiliaria fóra dos límites da área metropolitana de Barcelona, dobrando a súa poboación en pouco máis de 10 anos.
A industria dominante no municipio, polo seu carácter costeiro, é o turismo, xunto coa explotación agrícola (a floricultura e o cultivo de amorodos), ademais da industria téxtil. En Canet de Mar atópase a Escola Universitaria de Enxeñería técnica en tecidos de punto, único centro de España que ofrece este tipo de estudos.
Xeografía
editarCanet de Mar está situado no litoral da Costa Brava, entre Arenys de Mar e Sant Pol de Mar, ao pé do Parque Natural do Montnegre e o Corredor e da Serra de Vallalta. O pùnto máis alto do concello é o Turó d'en Venteveió, con 312 metros.
Canet ten pendentes abruptas e barrancos que morren en vales polos que pasan torrentes ata chegar a rieras e coa terra erosionada pola auga fórmanse as praias.
Historia
editarCanet de Mar nace no século XI como unha pequena aldea e coñécese entón como la Vall de Canet i Romaguera. En 1579 separouse de Sant Iscle de Vallalta.
Desde o século XI, Canet recoñeceuse como núcleo destacado cultural, artístico e social. O modernismo tamén deixou pegada grazas a Lluís Domènech i Montaner (1850-1923) coa casa Roura, a casa Domènech i Montaner, l'Ateneu Canetenc e a reforma do castelo de Santa Florentina, antiga masía fortificada restaurada no século XIX. Non se debe restar importancia ás construcións decimonónicas, contemporáneas e a outras de influencia indiana e colonial.
Demografía
editarConta cunha poboación de
Gráfica de evolución demográfica de Canet de Mar[1] entre 1842 e 2021 |
Lugares de interese
editarEn Canet pódense atopar interesantes construcións modernistas de Puig i Cadafalch, Calvet e Domènech i Montaner, entre outros. Edificios deste período son a Casa Roure, a casa Domènech i Montaner, e o Ateneu Canetenc. Escultores como Josep Llimona, Carles Flotats e Eusebi Arnau tamén deixaron a súa pegada no municipio.
Ademais da influencia modernista, tamén atopamos construcións como o Castelo de Santa Florentina (século XI), o templo de Sant Pere de Canet (século XVI), ou o Santuario da Misericordia (século XIX), patroa do Maresme.
Festividades
editar- 1 de maio: Reunión en Pedracastell.
- 29 de xuño: Festa Maior de San Pedro.
- 8 de setembro: Festa Maior pequena. Día da Virxe da Misericordia.
- Os mércores celébrase o mercado semanal.
Notas
editar- ↑ Instituto Nacional de Estadística (España). "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842". Consultado o 15 de outubro de 2023.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Canet de Mar |