Canón submarino
Un canón submarino é un val de ladeiras inclinadas situado no noiro continental e cuxa formación está frecuentemente relacionada cun río actual ou antigo no continente lindeiro, como se se tratara dun prolongamento do val dese río precursor.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/8/85/Canyons_off_LA.jpg/300px-Canyons_off_LA.jpg)
Na maioría dos casos, a plataforma continental cobre unha parte do canón, sobre todo cando dita plataforma é bastante extensa e cunha pendente escasa, tal como se ve no caso dos canóns submarinos ao oeste dos Ánxeles.
Noutras ocasións, o canón submarino tamén corta á plataforma continental, polo que chega practicamente á desembocadura do río que lle deu orixe, como son os casos do río Hudson (Nova York) e o río Congo, no oeste de África.
A formación dos canóns submarinos é un proceso xeolóxico que require unha enorme cantidade de tempo e que pon de manifesto a eterna oposición entre os movementos construtores e destrutores do relevo terrestre.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Ancechea Soto, Eumenio, Francisco Anguita Virella e Fernando Moreno Serrano(1990): Geología: procesos externos. Zaragoza: Editorial Luis Vives. ISBN 84-263-0470-2.
- Strahler, Arthur Newell (1970): Physical Geography, segunda edición. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0471831686.
Outros artigos
editar Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |