Campo da feira
espazo das vilas no que se celebran transaccións comerciais
O campo da feira é o espazo que tradicionalmente se vén reservando nas vilas galegas para levar a cabo transaccións comerciais. Consiste nunha explanada despexada [1] na que os comerciantes se instalan provisionalmente, xa que non están adicados a albergar instalacións permanentes.
Neles adoitan celebrarse os mercados, así coma feiras temáticas, maioritariamente relacionadas co agro. Así mesmo, tamén poden empregarse para desenvolver actividades culturais ou deportivas [2], sobre todo as que deben desenvolverse ao aire libre. Por mor da expansión urbana, moitos deses campos convertéronse en soares, pasando así a ser edificables e perdendo polo tanto a súa función orixinaria.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ "Características do campo da feira de Carballo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de decembro de 2007. Consultado o 07 de outubro de 2008.
- ↑ Carral acoge el domingo un Clínic de Ciclismo en el Campo da Feira