Campionato de Segunda Categoría-Reservas Copa Galicia 1939/40
O Campionato de Segunda Categoría-Reservas “Copa Galicia” foi unha competición de fútbol organizada pola Federación Galega de Fútbol na que se combinaron o Campionato de Galicia da Serie B 1939/40 e a Copa Galicia 1939/40. Esta foi a derradeira edición da Serie B antes da desaparición dos campionatos rexionais e, ao mesmo tempo, a segunda edición da Copa Galicia. O torneo foi disputado entre febreiro e xuño de 1940. O campión de ambas as dúas categorías foi o Compostela Sporting Club.[1][2][3]
Tipo | competición futbolística ![]() |
---|---|
Deporte | fútbol ![]() |
Organizador | Real Federación Galega de Fútbol ![]() |
Número de participantes | 11 ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Intervalo de tempo | 18 de febreiro de 1940 – 30 de xuño de 1940 ![]() |
Sistema de competición
editarAs bases da competición[4] permitían a participación de dous tipos de equipos:
- Clubs de primeira categoría, competindo pola Copa Galicia. Os de categoría nacional terían que facelo cos seus equipos de reseva, debendo achegar unha listaxe con 13 xogadores titulares que non poderían intervir no torneo, mentres que os clubs non participantes na Liga podían xogar co seu primeiro equipo. Deste grupo participaron: Deportivo da Coruña (reservas), Racing de Ferrol (reservas), Celta de Vigo (reservas), F.C. Vigués e Club Coruña. O Eiriña C.F. refusou participar.[5][6]
- Clubs de segunda categoría, que ademais de competir pola Copa Galicia, tamén competían polo campionato da súa clase (Serie B). Desta categoría participaron: Compostela S.C., Racing Club de Santiago, Galicia C.F., Arosa F.C., Alfonso XIII F.C. e Sportivo Ponteareas.
Os equipos foron divididos en dous grupos, norte e sur, disputándose cada grupo en forma de liga a dúas voltas[7][8] e computándose para os efectos de clasificación os puntos obtidos en todos os partidos sen disitición de categorías. De cada grupo clasificarían dous equipos, o mellor de primeira categoría e o mellor de segunda categoría.
Os dous clasificados de segunda categoría xogarían a final do Campionato da Serie B en dous partidos. O campión obtería o dereito a xogar a promoción de ascenso á Serie A, alén de clasificarse para a final da Copa Galicia. Por outra parte, os dous clasificados de primeira categoría eliminaríanse entre si en dous partidos para avanzar un deles á devandita final da Copa Galicia, a cal se disputaría a partido único.
Fase de grupos
editarGrupo norte
editarCalendario
editarPrimeira volta
editarSegunda volta
editarClasificación
editarPos | Equipo | X | G | E | P | GF | GC | DG | Pts | Clasificación |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | Racing de Ferrol (reservas) | 10 | 5 | 4 | 1 | 20 | 11 | +9 | 14 | Eliminatoria de equipos de 1ª categoría |
2. | Deportivo da Coruña (reservas) | 10 | 3 | 4 | 3 | 22 | 20 | +2 | 10 | |
3. | Compostela SC | 10 | 3 | 4 | 3 | 18 | 20 | −2 | 10 | Final do Campionato da Serie B |
4. | Club Coruña | 10 | 4 | 1 | 5 | 19 | 15 | +4 | 9 | |
5. | Racing de Santiago | 10 | 3 | 3 | 4 | 18 | 16 | +2 | 9 | |
6. | Galicia CF | 10 | 3 | 2 | 5 | 15 | 30 | −15 | 8 |
Grupo sur
editarCalendario
editarPrimeira volta
editarXor. | Data | Estadio | Local | Visitante | Resultado | |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 25 de febreiro | Pasarón | Alfonso XIII | Sportivo Ponteareas | 6–0 | Informe |
1 | 25 de febreiro | Barreiro | FC Vigués | Arosa FC | 2–1 | Informe |
2 | 3 de marzo | A Florida | Celta de Vigo (R.) | Alfonso XIII | 3–0 | Informe |
2 | 3 de marzo | Pardellas | Sportivo Ponteareas | FC Vigués | 1–6 | Informe |
3 | 10 de marzo | Barreiro | FC Vigués | Celta de Vigo (R.) | 1–2 | Informe |
3 | 10 de marzo | A Lomba | Arosa FC | Sportivo Ponteareas | 1–0 | Informe |
4 | 19 de marzo | Balaídos | Celta de Vigo (R.) | Arosa FC | 7–1 | Informe |
4 | 19 de marzo | Pasarón | Alfonso XIII | FC Vigués | 4–3 | Informe |
5 | 25 de marzo | Pardellas | Sportivo Ponteareas | Celta de Vigo (R.) | 2–4 | Informe |
5 | 25 de marzo | A Lomba | Arosa FC | Alfonso XIII | 3–5 | Informe |
Segunda volta
editarXor. | Data | Estadio | Local | Visitante | Resultado | |
---|---|---|---|---|---|---|
6 | 31 de marzo | Pardellas | Sportivo Ponteareas | Alfonso XIII | 2–2 | Informe |
6 | 31 de marzo | A Lomba | Arosa FC | FC Vigués | 2–1 | Informe |
7 | 7 de abril | Pasarón | Alfonso XIII | Celta de Vigo (R.) | 3–0 | Informe |
7 | 7 de abril | Barreiro | FC Vigués | Sportivo Ponteareas | 3–2 | Informe |
8 | 14 de abril | Balaídos | Celta de Vigo (R.) | FC Vigués | 3–1 | Informe |
8 | 14 de abril | Pardellas | Sportivo Ponteareas | Arosa FC | 1–2 | Informe |
9 | 21 de abril | A Lomba | Arosa FC | Celta de Vigo (R.) | 0–3 | Informe |
9 | 19 de abril | Barreiro | FC Vigués | Alfonso XIII | 1–3 | Informe |
10 | 28 de abril | Balaídos | Celta de Vigo (R.) | Sportivo Ponteareas | 2–0 | Informe |
10 | 28 de abril | Pasarón | Alfonso XIII | Arosa FC | 1–2 | Informe |
Clasificación
editarPos | Equipo | X | G | E | P | GF | GC | DG | Pts | Clasificación |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | Celta de Vigo (reservas) | 8 | 7 | 0 | 1 | 24 | 8 | +16 | 14 | Eliminatoria de equipos de 1ª categoría |
2. | Alfonso XIII | 8 | 5 | 1 | 2 | 24 | 14 | +10 | 11 | Final do Campionato da Serie B |
3. | Arosa FC | 8 | 4 | 0 | 4 | 12 | 20 | −8 | 8 | |
4. | FC Vigués | 8 | 2 | 0 | 6 | 18 | 18 | 0 | 4 | |
5. | Sportivo Ponteareas | 8 | 0 | 1 | 7 | 8 | 26 | −18 | 1 |
Eliminatoria de equipos de primeira categoría
editarCelta de Vigo (reservas) | 4 - 1 | Racing de Ferrol (reservas) | 2 de xuño de 1940 – Balaídos, Vigo |
Informe |
|||
Racing de Ferrol (reservas) | 1 - 2 | Celta de Vigo (reservas) | 9 de xuño de 1940 – O Inferniño, Ferrol |
Informe |
|||
Con este resultado o Celta de Vigo (reservas) avanzou á final da Copa Galicia.
Final do Campionato da Serie B
editarCompostela S.C. | 3 - 0 | Alfonso XIII F.C. | 19 de maio de 1940(1) – Residencia, Santiago de Compostela |
Informe |
|||
Alfonso XIII F.C. | 2 - 3 | Compostela S.C. | 26 de maio de 1940 – Pasarón, Pontevedra |
Informe |
|||
Con este resultado o Compostela Sporting Club proclamouse campión de Galicia da Serie B. Así mesmo, avanzou á final da Copa Galicia e clasificou para a promoción de ascenso.
Final da Copa Galicia
editarCompostela S.C. | 2 - 1 | Celta de Vigo (reservas) | 16 de xuño de 1940 – Residencia, Santiago de Compostela |
Informe |
|||
Con este resultado o Compostela Sporting Club proclamouse campión da Copa Galicia.
Promoción de ascenso
editarDisputada entre o Compostela Sporting Club, campión da Serie B 1939/40, e o Club Coruña, pechacancelas da Serie A 1939/40.
Compostela S.C. | 2 - 1 | Club Coruña | 23 de xuño de 1940 – Residencia, Santiago de Compostela |
Informe |
|||
Club Coruña | 3 - 0 | Compostela S.C. | 30 de xuño de 1940 – Riazor, A Coruña |
Informe |
|||
Con este resultado o Club Coruña salvou a categoría e o Compostela Sporting Club non logrou ascender.
Notas
editar- ↑ "El Compostela, campeón gallego de la B. Venció el domingo al Alfonso por tres a dos". El Pueblo Gallego nº 5.202 (en castelán). 28 de maio de 1940. p. 3.
- ↑ "Crónica deportiva del domingo". El Compostelano nº 6.087 (en castelán). 17 de xuño de 1940. p. 1.
- ↑ "Deportes. El Compostela ha ganado la Copa Galicia". El Pueblo Gallego nº 5.219 (en castelán). 18 de xuño de 1940. p. 2.
- ↑ "Deportes. Bases del campeonato de segunda categoría-reservas "Copa Galicia"". El Pueblo Gallego nº 5.124 (en castelán). 23 de febreiro de 1940. p. 2.
- ↑ "La Copa, el Vigués, el Celta y una actitud graciosa". El Pueblo Gallego nº 5.164 (en castelán). 12 de abril de 1940. p. 2.
- ↑ "Pontevedra. Notas deportivas". El Pueblo Gallego nº 5.120 (en castelán). 18 de febreiro de 1940. p. 5.
- ↑ "Deportes. El campeonato gallego de segunda categoría - Calendario". El Ideal Gallego nº 6.321 (en castelán). 7 de febreiro de 1940. p. 3.
- ↑ "El Campeonato Segunda Categoría-Reservas "Copa Galicia" zona sur". El Pueblo Gallego nº 5.122 (en castelán). 21 de febreiro de 1940. p. 2.
- ↑ "En partido amistoso empataron a 2 el Compostela y el Alfonso". El Correo Gallego nº 21.274 (en castelán). 14 de maio de 1940. p. 3.