Campionato de Galicia de fútbol 1918/19
O Campionato de Galicia 1918/19 foi a quinta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en xaneiro de 1919 e rematou en marzo do mesmo ano. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.[1]
Inscribíronse o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Real Club Coruña, o Deportivo da Coruña e o Pontevedra Athletic Club.[2] O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas.[3] O Pontevedra Athletic foi descualificado[4] por se retirar do campo poucos minutos antes da fin do tempo regulamentario en protesta pola actuación do árbitro durante un partido fronte ó Coruña.[5][6][7] Proclamouse campión o Vigo Sporting Club.[4]
Tipo | Campionato de Galicia de fútbol |
---|---|
Número de participantes | 5 |
Localización e Datas | |
País | España |
Período de tempo | tempada 1918-1919 |
Número de edición | 5 |
Competición | |
Primeiro posto | Real Vigo Sporting Club |
Calendario
editarPrimeira volta
editarXor. | Data | Estadio | Local | Visitante | Resultado | |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 26 de xaneiro | Monelos | R.C. Coruña | Vigo Sporting | 4–4 | Informe |
2 | 2 de febreiro | Bouzas | Fortuna de Vigo | Deportivo da Coruña | 6–1 | Informe |
3 | 9 de febreiro | Riazor | Deportivo da Coruña | R.C. Coruña | 3–2 | Informe |
3 | 9 de febreiro | Coia | Vigo Sporting | Fortuna de Vigo | 1–1 | Informe |
4 | 16 de febreiro | Riazor | Deportivo da Coruña | Vigo Sporting | 0–2 | Informe |
5 | 23 de febreiro | Monelos | R.C. Coruña | Fortuna de Vigo | 4–2 | Informe |
Segunda volta
editarXor. | Data | Estadio | Local | Visitante | Resultado | |
---|---|---|---|---|---|---|
6 | 2 de marzo | Coia | Vigo Sporting | R.C. Coruña | 3–0 | Informe |
7 | 9 de marzo | Riazor | Deportivo da Coruña | Fortuna de Vigo | 2–1 | Informe |
8 | 16 de marzo | Monelos | R.C. Coruña | Deportivo da Coruña | 2–3 | Informe |
8 | 16 de marzo | Bouzas | Fortuna de Vigo | Vigo Sporting | 3–1 | Informe |
9 | 19 de marzo | Coia | Vigo Sporting | Deportivo da Coruña | 3–0 | Informe |
10 | 23 de marzo | Bouzas | Fortuna de Vigo | R.C. Coruña | 4–0 | Informe |
Partidos anulados
editarXor. | Data | Estadio | Local | Visitante | Resultado | |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 26 de xaneiro | Bouzas | Fortuna de Vigo | Pontevedra Athletic | 5–0 | Informe |
4 | 16 de febreiro | Pasarón | Pontevedra Athletic | R.C. Coruña | 2–2 | Informe |
5 | 23 de febreiro | Pasarón | Pontevedra Athletic | Deportivo da Coruña | 1–1 | Informe |
6 | 2 de marzo | Pasarón | Pontevedra Athletic | Fortuna de Vigo | 0–6 | Informe |
7 | 9 de marzo | Coia | Vigo Sporting | Pontevedra Athletic | 9–3 | Informe |
9 | 19 de marzo | Monelos | R.C. Coruña | Pontevedra Athletic | 3–2(1) | Informe |
Clasificación
editarPos | Equipo | X | G | E | P | GF | GC | DG | Pts | Clasificación ou descenso |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | Vigo Sporting | 8 | 5 | 2 | 1 | 14 | 8 | +6 | 12 | Clasificación para a Copa de España 1919 |
2. | Fortuna de Vigo | 8 | 5 | 1 | 2 | 17 | 9 | +8 | 11 | |
3. | Deportivo da Coruña | 8 | 5 | 0 | 3 | 9 | 16 | −7 | 10 | |
4. | R.C. Coruña | 8 | 3 | 1 | 4 | 12 | 19 | −7 | 7 | |
5. | Pontevedra Athletic | 6 | 0 | 2 | 4 | 8 | 26 | −18 | 0 | Descualificado |
Os puntos dos partidos do Pontevedra Athletic foron concedidos ós seus rivais trala descualificación.
Controversias
editarDescualificación do Pontevedra Athletic
editarDurante o encontro da segunda volta en Monelos entre o Pontevedra Athletic e o Real Club Coruña, os xogadores pontevedreses retiráronse do terreo de xogo cando faltaban poucos minutos para remata-lo partido en sinal de protesta pola arbitraxe de García Luna (secretario do Vigo Sporting), que consideraban parcial.[5][6][7] Por estes feitos, a Federación Galega de Fútbol descualificou o Athletic, inhabitouno por tres meses e impúxolle unha multa de 250 pesetas.[4] O Coruña, o Deportivo e o Fortuna pediron que o castigo fose levantado, pero a FGF non o fixo pola oposición de García Luna, levantando soamente a inhabilitación por tres meses.[4] A prensa pontevedresa acusou a García Luna de urdir un plan para beneficia-lo Vigo Sporting, evitando que o Coruña se retirase do torneo (circulaban rumores dunha posible retirada[8]) e aproveitando para consegui-la descualificación do Athletic, facendo deste xeito que o Vigo obtivese máis puntos có Fortuna e fose proclamado campión.[4][9][10][11]
Notas
editar- ↑ Copa del Rey Alfonso XIII 1919linguasport.com Arquivado 02 de decembro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ "De Sport. El Campeonato gallego de fútbol". Diario de Pontevedra nº 10.432 (en castelán). 23 de xaneiro de 1919. p. 2.
- ↑ "Notas deportivas. Campeonato de Galicia". Progreso: diario independiente nº 2.166 (en castelán). 23 de xaneiro de 1919. p. 2.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "De Sport. El Pontevedra A.C. excluido del Campeonato". Diario de Pontevedra nº 10.481 (en castelán). 24 de marzo de 1919. p. 2.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Notas de Sport. El Campeonato de España". El Orzán nº 372 (en castelán). 20 de marzo de 1919. p. 4.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Notas deportivas". El Ideal Gallego nº 659 (en castelán). 20 de marzo de 1919. p. 2.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 "De Sport. Campeonato regional. Real Coruña-Pontevedra A.C. en Monelos (Coruña)". Diario de Pontevedra nº 10.478 (en castelán). 20 de marzo de 1919. p. 2.
- ↑ "De Sport. Noticias sensacionales". Diario de Pontevedra nº 10.471 (en castelán). 11 de marzo de 1919. p. 2.
- ↑ "Notas deportivas". Progreso: diario independiente nº 2.219 (en castelán). 30 de marzo de 1919. p. 2.
- ↑ "Notas deportivas". Progreso: diario independiente nº 2.223 (en castelán). 4 de abril de 1919. p. 1.
- ↑ "Notas deportivas". Progreso: diario independiente nº 2.223 (en castelán). 4 de abril de 1919. p. 2.