Campionato de Europa de Balonmán
O Campionato de Europa de Balonmán é a máxima competición de balonmán entre seleccións nacionais de Europa. A Federación Europea de Balonmán organiza este campionato cada dous anos dende 1994, sendo o torneo masculino a comezos de ano e o feminino a finais de ano.