Campio Carpio
Campio Pérez Pérez, coñecido co pseudónimo de Campio Carpio, nado en Vigo o 10 de outubro de 1902 e finado en Buenos Aires o 28 de setembro de 1989, foi un escritor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de outubro de 1902 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 28 de setembro de 1989 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarCando contaba con 17 anos e antes que o enviasen á Guerra de Marrocos, decidiu embarcar para Arxentina. Os sucesos da Semana Tráxica de Buenos Aires, a represión e asasinatos en masa da Patagonia foron marcando a historia arxentina dos anos vinte. Neste ambiente revolucionario comezou a desenvolver a súa vida. Incorporouse aos medios literarios e artísticos de formación universitaria e ao movemento libertario. Durante a guerra civil concentrou toda a súa enerxía creadora para denunciar a través da pluma, as barbaries cometidas polo bando alzado. Desde Madrid os anarquistas galegos da CNT nomeáronmo correspondente en Buenos Aires de Galicia Libre. Desde as páxinas deste periódico chamou a profundar a revolución e sinalar os perigos que corría a fronte republicana.
Nos anos corenta escribiu na revista Hombre de América e a partir de 1959 comezou a colaborar na revista anarquista Reconstruir. A súa obra xornalística está dispersa por moitos xornais libertarios de América e Europa. Entre os innumerables folletos realizados destácase o dedicado á vida de Curros Enríquez.
Os últimos anos da vida de Carpio viviunos afastado da vida política activa, a súa avanzada idade e a posterior ditadura do xeneral Videla, axudaron para que a súa militancia se fora apagando lentamente, a pesar diso nunca abandonou a actividade xornalística e as súas preocupacións intelectuais.
O 28 de setembro de 1989 faleceu na súa casa de Montegrande na zona sur do gran Buenos Aires.
Obras
editar- El mundo agonizante (crítica)
- Humillados (contos)
- ¡También América! (crítica)
- El destino social del arte (crítica)
- Democracia (novela)
- Antología de pensamientos de González Prada
- 36 poemas de autores brasileños contemporáneos
- Milicias de la aurora (poemas)
- Pasión y poesía
- Radiografía cordial de América
- Lamento de la tierra encadenada (epopea)
- Labradores del Espíritu (ensaio).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. pp. 50–51. ISBN 84-87783-79-1.
Ligazóns externas
editar- Campio Carpio Arquivado 01 de maio de 2013 en Wayback Machine.