Campa da Cruz de Edderton
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
A Campa da Cruz de Edderton é unha laxe de orixe picta que se atopa no camposanto da igrexa de Edderton, no norte de Escocia.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/e/e0/CruzEdderton.jpg/220px-CruzEdderton.jpg)
Características
editarAs laxes pictas son o principal monumento histórico que se conserva na actualidade dese pobo, habitantes de Escocia entre o século VI e o X aproximadamente. Se ben non se sabe con certeza cal era a función das laxes, crese que tiñan un obxectivo memorialístico e que estaban dalgunha forma relacionado coa estrutura clánica da súa sociedade.
A campa da Cruz de Edderton é unha laxe de clase 3, é dicir, non presentan símbolos propiamente pictos e veñen adoito marcadas cunha cruz. Son as máis serodias, e dátanse entre o século VIII e o IX. Está feita de arenita vermella e mide 1,90 m de alto, 69 cm de largo e de 20 a 12 cm de fondo, máis grosa na base ca no cumio. [1]
Na cara que dá ao oeste está esculpida unha cruz celta. A que dá ao leste está dividida en dúas metades. Na superior hai outra cruz céltica, de menor tamaño, sobre un arco, mentres que na metade inferior e baixo o arco está representado un cabaleiro de a cabalo en primeiro plano, co esquema de dous cabaleiros máis no fondo.
Aparentemente o conxunto debeu estar formado por tres campas, das que só se conserva esta. Pedazos das outras dúas, en mal estado de conservación, gárdanse no veciño museo de Tain. A diferenza de cor que se observa na arenita débese a que estivo enterrada máis profundamente ata que de recente se recuperou ata a posición presumiblemente orixinal.
Localización
editarA campa da Cruz de Edderton áchase no camposanto da igrexa de Edderton, ao pé da estrada que vai cara Ardgay (dirección noroeste), logo de pasar o cruzamento da vila de Edderton, e antes de chegar ao casal de Craigroy.
Notas
editarVéxase tamén
editar- A Clach Biorach, outra laxe picta das proximidades de Edderton.
Bibliografía sobre o tema
editar- MacNamara, Ellen, The Pictish Stones of Easter Ross, (Tain, 2003)