Camille Paglia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2016.) |
Camille Paglia (nada en Endicott, estado de Nova York, o 2 de abril de 1947) é unha humanista estadounidense, coñecida como unha sobranceira pensadora do feminismo actual.
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Camille Anna Paglia 2 de abril de 1947 (77 anos) Endicott (Nova Iorque), Estados Unidos de América (pt) |
Grupo étnico | Ítalo-americanos (pt) |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Universidade Yale Universidade de Binghamton (pt) Nottingham High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Estudos de xénero, crítica literaria e humanidades |
Ocupación | historiador da arte, xornalista, crítico de cinema, ensaísta, crítico literario, catedrático, escritor, profesor universitario |
Empregador | Universidade Yale |
Partido político | Partido Demócrata |
Movemento | Ateísmo |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | American Women Writers |
|
Traxectoria
editarCriada nunha familia italiana emigrada aos Estados Unidos, seu pai transmitiulle o interese pola arte e as linguas romances. Estudou en Binghamton University e en Yale, onde alardeou dun aberto lesbianismo infrecuente nos medios universitarios nos anos sesenta. Influenciada e encirrada pola súa paixón por Susan Sontag, optou por abranguer un feminismo culto e afastado do que consideraba lugares comúns dese pensamento pouco fundados culturalmente. Tras ser quen de traer a Sontag a falar á súa universidade, acabou decepcionada e encetou o seu propio traballo intelectual enfrontado a un confortable feminismo propio do mundo académico. Isto fíxolle rachar coa universidade e enfrontar unha vida propia de librepensadora publicando artigos en revistas especializadas como "Aron" e buscando, con dificultades iniciais, editoriais para os seus ensaios.
Os seus duros debates con outras figuras do feminismo marxinárona do movemento organizado. A Kate Millett acusouna de defender ideas totalitarias e a Judith Butler de inventar artificialmente unha teoría de xénero desconectada da realidade biolóxica e antropolóxica das mulleres.
Foi considerada unha das pensadoras máis influentes por publicacións de prestixio como "Foreing Policy" e "Prospect".
Pensamento
editarCamiglie Paglia defende a bisexualidade como expresión da liberación e o apoderamento da muller. Nas súas investigacións sobre a muller na expresión artística, amosa a subordinación e manipulación da muller e o seu corpo debido a unha cultura propia do patriarcado e o machismo. Entende que na natureza humana existen forzas primarias dionisíacas e caóticas, especialmente no que atinxe á sexualidade, que a cultura patriarcal pretende reprimir subordinando o poder inherente á muller. A diferenza da ideoloxía de xénero, Paglia cre na especificidade e a forza da sexualidade feminina e defende a súa liberación dende posicións libertarias. Acusa a determinadas correntes femininas de pretender anular a masculinidade e dun puritanismo inimigo da liberdade afectiva, da pornografía e da liberdade dos corpos.
Foi polémico o seu desleixo por pensadores recoñecidos como Jean Baudrillard, Jacques Derrida, Jacques Lacan e Michel Foucault, aos que descualificou como post-estruturalistas que separaban a palabra do mundo real, algo moi masculino que o arraigo da muller no seu corpo debe rexeitar con enerxía.
Insta as mulleres a que desenvolvan a súa enerxía e o seu potencial creativo e solidario do seu sexo, pero critica o fondo individualista burgués e o falso vitimismo de certas correntes feministas actuais. Isto fixo que se autocualificase como a feminista que as demais feministas odian.
Na súa análise da cultura popular actual, manifesta críticas duras contra as artistas e mulleres do mundo do espectáculo que asumen un feminismo estereotipado e superficial, ao tempo que asemade utilizan expresións corporais e estratexias publicitarias que potencian o sexismo e o exhibicionismo feminino concibido para agradar o varón consumista, mol e tépedo da postmodernidade.
Nos seus artigos, ensaios e entrevistas, non foxe de posicións paradoxais como a crítica do apoucamento politicamente correcto dos intelectuais varóns, ata o punto de afirmar sentirse cómoda nos derradeiros redutos masculinos como os talleres e os estadais.
Obras
editar- Sexual Personae: Art and Decadence from Nefertiti to Emily Dickinson (1990, ISBN 0-679-73579-8)
- Sex, Art and American Culture: Essays (1992, ISBN 0-679-74101-1)
- Vamps and Tramps: New Essays (1994, ISBN 0-679-75120-3)