Calvin Harris
Adam Richard Wiles, nado en Dumfries (Dumfries e Galloway) o 17 de xaneiro de 1984, é un DJ, cantante e produtor escocés máis coñecido polo seu nome artístico Calvin Harris.
![]() (2012) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Adam Richard Wiles ![]() 17 de xaneiro de 1984 ![]() Dumfries, Reino Unido ![]() |
Outros nomes | Calvin Harris Love Regenerator Stouffer ![]() |
Educación | Dumfries High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | disc-jóckey, cantautor, produtor, cantautor, produtor musical, cantante, figura pública ![]() |
Período de actividade | 2002 ![]() |
Xénero artístico | Electropop, electro house, Synthpop, pop dance, Nu-disco (pt) ![]() ![]() |
Instrumento | Sintetizador, voz, baixo, piano, guitarra, teclado, teclado e Sampler ![]() |
Selo discográfico | Columbia Records Fly Eye Records (en) ![]() Ultra Music EMI Sony Music Roc Nation ![]() |
Familia | |
Parella | Eiza González (2016–2016) Taylor Swift (2015–2016) Rita Ora (2013–2014) ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | calvinharris.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarO seu primeiro álbum foi I Created Disco, lanzado no 2007 e con dous sinxelos no Top 10 do Reino Unido; "Acceptable in the 80s" e "The Girls". O seu segundo álbum, Ready for the Weekend (2009), acadou a posición número un no Reino Unido e contén o primeiro sinxelo, "I'm Not Alone", que foi incluído no Top 5 do país, "Ready for the Weekend", e os temas "Flashback" e "You Used to Hold Me".
En outubro de 2012, Harris lanzou o seu terceiro álbum de estudio, 18 Months, no que se inclúen os sinxelos "Awooga", "Bounce", "Feel So Close", "Let's Go", "We'll Be Coming Back" e "Sweet Nothing". Tamén ten composto e producido para outros artistas como Kylie Minogue, Sophie Ellis-Bextor, Dizzee Rascal, Example, Rihanna (no seu grande éxito "We Found Love"), Florence Welch e Cheryl Cole, entre outros. Actualmente ocupa o posto #31 na enquisa realizada en 2012 pola revista DJmag.[1] Segundo a revista Forbes, Harris foi o DJ mellor pagado de 2013, acadando os 46 millóns de dólares.[2]
Discografía
editar- I Created Disco (2007)
- Ready for the Weekend (2009)
- 18 Months (2012)
- Motion (2014)
- Funk Wav Bounces Vol. 1 (2017)
- Funk Wav Bounces Vol. 2 (2022)
Xiras
editar- Groove Armada: Soundboy Rock tour (2007)
- Faithless: To All New Arrivals tour (2007)
- Ready for the Weekend tour (2009–10)
- Deadmau5 e Skrillex: 'Unhooked' tour (2010)
- Rihanna: Last Girl on Earth Tour e Loud Tour (2011)
- Greater Than Tour (with Tiësto), Reino Unido e Irlanda (2013)
Notas
editar- ↑ "Top 100 DJs 2012/ 31. Calvin Harris". DJmag. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2012. Consultado o 19 de agosto de 2013.
- ↑ [1]
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Calvin Harris |