Calidón (fillo de Testio)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Calidón.
Calidón foi un dos fillos de Testio. Segundo Pseudo-Apolodoro (I, 7, 10), Testio e Euritemiste[1], filla de Cleobea, tivo varios fillos dos seus matrimonios con Leucipe e con Euritemiste, pero non menciona a Calidón.
Biografía | |
---|---|
Familia | |
Pai | Testio |
A lenda conta que Testio, cando regresou a Calidón, atopa ó seu fillo deitado na cama coa súa nai. Ante tal incesto, Testio mata os dous pero pronto se dá de conta do seu erro, e entón suicidouse botándose ó río, que recibirá na súa memoria o nome de Testio (aínda que posteriormente será o denominado río Aqueloo e, hoxe, Aspropótamos).
Tamén se di que este Calidón era fillo de Ares e Astínome, e que foi transformado en rocha despois de ver a Ártemis, espida, durante o baño. Esta rocha atópase próxima ó río Aqueloo.
Notas
editar- ↑ Ou Euritémide, Euritemista ou Eurítemis.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Grimal, Pierre (1981, 1ª ed; 2017, 7ª reimpr.). Diccionario de mitología griega y romana. Paidós. ISBN 9788449324574. (en castelán)
- Pseudo-Apolodoro (2016 (3ª ed)). Biblioteca mitológica. Alianza Editorial. ISBN 9788491044277. (en castelán)