Calcantita
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
A calcantita (do latín chalcanthum que significa flor de cobre) é un mineral da clase dos sulfatos cuxa fórmula química é CuSO4·5HO (sulfato de cobre (II) pentahidratado; contén un 31,5% de CuO, un 32% de SO3, un 1% de Fe2O3 e un 35,5% de auga).[1]
Calcantita | |
---|---|
![]() Calcantita (Sulfato cúprico pentahidratado) | |
Fórmula química | CuSO4·5H2O |
Clase | Sulfatos |
Sistema cristalino | Triclínico |
Cor | Azul e turquesa |
Brillo | Vítreo |
Dureza | 2,5 |
Fractura | Concoidea |
Exfoliación | Imperfecta |
Raia | Branca azulada |
Densidade | 2,2-2,3 g/cm3 |
Aspecto
editarDe cor azul, a calcantita aparece normalmente en forma de estalactitas, formando costras ou de forma masiva; rara vez fai acto de presenza en forma de cristais ben formados. Os cristais de calcantita só son posibles recrealos artificialmente aínda que de cando en vez podémolos atopar dun tamaño microscópico.
-
Calcantita no seu estado natural
-
Cristais de calcantita reproducidos artificialmente
Lugares onde se atopa
editarA calcantita preséntase en zonas de oxidación pola alteración da calcopirita e outros minerais de cobre.
Usos da calcantita
editarÚsase en química coma antiséptico e tamén na fabricación de pilas e colorantes.
Propiedades
editarA calcantita é un mineral soluble en auga.
Outros sulfatos
editarA anhidrita e o xeso son outros minerais importantes da clase dos sulfatos.
Notas
- ↑ prodweb (2017-08-08). "Calcantita". Portal da Mineração (en inglés). Consultado o 2024-03-27.