Cadeado
Un cadeado[1] é un aparello sinxelo composto dunha caixa metálica que contén unha fechadura, capaz de bloquear a parte libre dun arco ou aro metálico que vai montado sobre a caixa cunha bisagra.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/5/59/Padlock.svg/200px-Padlock.svg.png)
Cada cadeado ten unha chave propia, o cal permite que só o seu propietario poida accionalo. Os cadeados, que poden ter varios tamaños e formas, son empregados para trancar portas, xanelas, maletas de viaxe e cadeas. Existen tamén cadeados de cofres e os magnéticos, que son abertos con tarxetas codificadas.
O cadeado é unha forma de "fechadura portátil", é dicir, pode ser utilizado para trancar máis dun obxecto ou área. Entre os tipos de cadeados, podemos citar aqueles que son utilizados códigos, chaves e tarxetas.
Outras imaxes
editar-
Cadeado no Museo do Castelo de Mayenne (Francia).
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cadeado.