Cachena
Cachena | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Descrición da vaca cachena | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
|
A cachena é unha raza de vacún de grande rusticidade, perfectamente adaptada ó medio no que se desenvolve onde aproveita uns recursos naturais para pacer que dificilmente serían aproveitados por outras razas bovinas. É un tipo de vaca galleira,[1] cos cornos longos cara a arriba e abertos para os lados.
As cachenas son animais de pequeno tamaño e cornos de grandes proporcións. A súa área de orixe sitúase nas zonas montañosas dos concellos incluídos no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés, especialmente na aldea de Olelas, e nos contrafortes montañosas do homólogo parque nacional portugués de Peneda-Gerés.
Evolución da poboación
editarAno | Femias | Machos | Total | Ganderías |
---|---|---|---|---|
2009 | 3 418 | 734 | 4 152 | 157 |
2010 | 3 936 | 891 | 4 827 | 167 |
2011 | 4 118 | 944 | 5 062 | 174 |
2012 | 4 122 | 927 | 5 049 | 164 |
2013 | 3 900 | 830 | 4 730 | 164 |
2014 | 3 430 | 629 | 4 059 | 146 |
2015 | 3 484 | 520 | 4 004 | 153 |
2016 | 3 660 | 624 | 4 284 | 150 |
2017 | 3 834 | 715 | 4 549 | 150 |
2018 | 3 908 | 760 | 4 668 | 150 |
2019 | 3 881 | 726 | 4 607 | 166 |
2020 | 4 341 | 909 | 5 250 | 164 |
2021 | 4 619 | 945 | 5 564 | 168 |
2022 | 4 975 | 1 054 | 6 029 | 163 |
Gráfica de evolución demográfica da vaca cachena entre 2009 e 2022 |
![]() |
Datos segundo a aplicación ARCA do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.[2] |
Galería de imaxes
editar-
Vacas cachenas en Samos.
-
Vacas cachenas en Samos, detalle.
-
Vaca cachena en Coles.
-
Cachena en Sistelo, Arcos de Valdevez.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galleiro.
- ↑ "Aplicación ARCA". servicio.mapa.gob.es/arca. Consultado o 30 de agosto de 2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cachena |
Bibliografía
editar- Sánchez Belda, Antonio: Razas Bovinas Españolas. Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Madrid 1984, ISBN 84-341-0371-0.
- Schumann, Andreas: Das Cachena-Rind – Ein in vergessenes Kleinod aus der Gebirgsregion Galiziens. (PDF-Datei; 205 kB) In: Arche Nova. Heft 3, 17. setembro de 2002, 286062-4, S. 10–11.