Cabrils
Cabrils é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Maresme. A localidade está situada na zona interior, entre os municipios de Vilassar de Mar, Vilassar de Dalt, Òrrius, Argentona e Cabrera de Mar, e a uns 10 km de Mataró, capital da comarca.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Maresme ![]() | ||||
Capital | Cabrils (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.767 (2024) ![]() | ||||
Número de fogares | 26 (1553) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua catalá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 7 km² ![]() | ||||
Bañado por | Riera de Cabrils (en) ![]() ![]() | ||||
Altitude | 147 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa ![]() | Maite Viñals Clemente (pt) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08348 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08030 ![]() | ||||
Código territorial IDESCAT | 080305 ![]() | ||||
Sitio web | cabrils.cat ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Historia
editarO lugar de Cabrils aparece documentado desde 1037, como parte da xurisdición do veciño castelo de Vilassar de Dalt ata o 1820, cando conseguiu ser municipio independente con administración propia.
Eclesiasticamente dependía de Sant Genís de Vilassar ata 1779, cando outorgan a categoría de parroquia á igrexa da Santa Creu.
A poboación foi estacionaria desde o século XIX e ata os anos sesenta, cando a función de veraneo e o aumento da construción de segundas residencias, fixeron crecer notablemente a súa poboación.
Demografía
editarConta cunha poboación de 7799 habitantes (INE 2023).
Gráfica de evolución demográfica de Cabrils[1] entre 1842 e 2021 |
![]() |
Economía
editarA economía tradicional de Cabrils baseábase na agricultura (laranxeiras e hortalizas). Actualmente xa non hai laranxas e os cultivos foron desaparecendo, en beneficio da floricultura (caraveles e rosas especialmente). Respecto da industria, a construción é o sector económico máis importante. Desde os anos 80 o crecemento de Cabrils foi notable ata converterse nunha importante poboación residencial. A edificación de urbanizacións residenciais cambiou a paisaxe do municipio aumentando a función comercial e dos servizos, sendo o segundo municipio coa renda per cápita máis alta de Cataluña con 28.300 euros.
Lugares de interese
editar- Ermida de Sant Cristòfol
- Torre de Can Vehils
- Ca l'Amat
- Can Carbonell
- Can Vives
- Mas de Baix
- Castelo de Can Jaumar
Galería de imaxes
editar-
Ca l'Estrany
-
Can Veribol
-
Mas de Baix
-
Hostal de la Plaça
-
Igrexa da Santa Creu
-
Cal Boter
-
Museo Municipal de Ca l'Arrà
-
Societat la Concòrdia
-
La Fàbrica
-
Escoles Tolrà
-
Castelo de Can Jaumar
-
Plaça de l'Era Vella
Notas
editar- ↑ Instituto Nacional de Estadística (España). "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842". Consultado o 15 de outubro de 2023.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Cabrils |