Cabo de Torres
O cabo de Torres (en asturiano: Cabu Torres) é un cabo situado na costa do mar Cantábrico, máis concretamente na zona occidental do concello de Xixón, no principado de Asturias. Dista uns 7 km da cidade de Xixón e é o saínte costeiro máis importante de todo o concello.
Tipo | península ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Asturias, España ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Mar Cantábrico ![]() | |||
En 1923 constrúese o faro, que foi recentemente rehabilitado ao pasar a formar parte do denominado Parque Arqueolóxico Natural da Campa Torres, e no que se creou unha biblioteca arqueolóxica sobre a historia do mesmo e dos demais faros da costa asturiana.
Desde o mesmo pódense contemplar unhas fermosas vistas de toda a cidade de Xixón, así como da costa occidental (praias de Xivares, Perlora, Candás) e oriental asturiana.
Nunha ampla chaira que existe no mesmo atopáronse os restos dun antigo asentamento ástur-romano, o Castro de Noega.
-
Faro do cabo Torres