Cabo da Roca
O cabo da Roca é un cabo situado en Portugal, o punto máis occidental da Europa continental. Era coñecido polos romanos como Promontorium Magnum e durante a era da navegación a vela como a Roca de Lisboa.
(pt) Cabo da Roca ![]() | ||||
Tipo | cabo promontorio ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Colares, Portugal (pt) ![]() ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | |||
Cordilleira | Serra de Sintra (pt) ![]() ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 140 m ![]() | |||
Está situado no distrito de Lisboa, 40 quilómetros ao oeste de Lisboa e 18 quilómetros ao oeste de Sintra (concello ao que pertence) no Parque Natural de Sintra-Cascais. As súas coordenadas están inscritas nunha placa de pedra do monumento do lugar (a placa data do ano 1979). O acantilado emerxe do océano Atlántico a aproximadamente 140 metros sobre o nivel do mar. Enriba do acantilado hai un faro e unha tenda para turistas.
O cabo é unha popular atracción turística. O poeta Luís de Camões definiu o Cabo da Roca como o lugar onde a terra se acaba e o mar começa.
Galería de imaxes
editar-
Anoitecer no Cabo da Roca.
-
Placa do cabo en día de choiva.
-
Placa do cabo en día seco.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Cabo da Roca |