Cabila
Cabila é un termo de orixe árabe (قبيللة, qabīla, plural قبائل, qabāʾil) empregado para designar as tribos bérberes do Norte de África, especialmente no norte de Marrocos e Alxeria[1] e os territorios que tradicionalmente ocupan. O termo adóitase confundir co pobo bérber que habita a Cabilia, unha rexión montañosa do norte de Alxeria .
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/5/51/Cabilas_del_Protectorado_Espa%C3%B1ol_de_Marruecos.svg/320px-Cabilas_del_Protectorado_Espa%C3%B1ol_de_Marruecos.svg.png)
Segundo a definición do antropólogo David Montgomery Hart, unha cabila é unha "unidade homoxénea e independente política e socialmente que ocupa unha zona determinada".
Durante o Protectorado Español de Marrocos, na primeira metade do século XX, as cabilas foron a base da organización territorial político-administrativa.[2] Cada unha delas era gobernada por un caid (alcaide), agás aquelas que se resistiron a aceptar a estrutura administrativa colonial, as cales foron administradas directamente por gobernador militares.[2]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Villanova, José Luis (xaneiro-decembro 2010). "La organización territorial del Protectorado español en Marruecos". Revista de Estudios Internacionales Mediterráneos (en castelán) (Madrid: Universidade Autónoma de Madrid) (9). ISSN 1887-4460.