Cabido de Lanzarote
O Cabido de Lanzarote (en castelán: Cabildo de Lanzarote) é o órgano de goberno da illa de Lanzarote, nas Canarias. Como todos os cabidos, foi formado a partir da Lei de Cabidos de 1912, e é a forma gobernativa e administrativa propia das Illas Canarias, que cumpre dúas funcións principalmente: por unha parte, presta servizos e exerce competencias propias da Comunidade Autónoma e por outra, é a entidade local que goberna a illa. A xurisdición do cabido tamén inclúe á illa de La Graciosa.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/7/74/Coat_of_Arms_of_Lanzarote.svg/150px-Coat_of_Arms_of_Lanzarote.svg.png)
O seu presidente dende o 17 de outubro de 2009 é Pedro San Ginés Gutiérrez, de Coalición Canaria.