Sakura (satélite)
Sakura, coñecido tamén como CS 1 (acrónimo de Communications Satellite) foi un satélite artificial da axencia espacial xaponesa NASDA lanzado o 15 de decembro de 1977 mediante un foguete Delta 2914 desde Cabo Cañaveral.[1][2][3]
Sakura / CS-1 | |
---|---|
Tipo | Comunicacións / experimental |
Fabricante | Mitsubishi Electric / Ford Aerospace |
Organización | NASDA |
Destino actual | Fóra de servizo.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 15 de decembro de 1977, 00:47 GMT[1][4][5][6] |
Foguete portador | Delta 2914[1][3] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral, rampla 17B[1][2] |
Obxectivo da misión | Satélite de comunicacións experimental.[1][2] |
NSSDC ID | 1977-118A |
Masa | 664,17 kg[1] |
Dimensións | Cilindro de 2,18 m de altura máis 1,31 m de antena[1] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 42.550 km[4] |
Inclinación | 12,9 graos[4] |
Apoapse | 36.195,9 km[4] |
Periapse | 36.162,3 km[4] |
Características
editarSakura era un satélite de comunicacións experimental cunha masa de 664,17 kg. Tiña forma de cilindro de 2,18 m de altura, cunha antena que sobresaía outros 1,31 m. Estabilizábase mediante xiro, a 90 r.p.m. e co eixo de xiro perpendicular á súa órbita, e a súa superficie estaba cuberta de células solares para proporcionarlle enerxía. A antena mantíñase fixa, sen rotación, e cunha precisión no apuntado mellor de 0,3 graos. Emitía en banda K e banda C e o disco da antena estaba orientado cunha inclinación de 45 graos respecto do eixo de rotación. Os experimentos a bordo usaron frecuencias de 2,1, 2,3, 4, 6, 20 e 30 GHz para telefonía e televisión e foron usados para estudar as características do equipamento, a transmisión de sinais, a operación dos sistemas de comunicacións e o control e operación do satélite.[1][2][3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NASA (20 de marzo de 2019). "Sakura" (en inglés). Consultado o 25 de xuño de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2019). "CS-1" (en inglés). Consultado o 25 de xuño de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "CS 1 (Sakura 1)" (en inglés). Consultado o 25 de xuño de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 N2YO (2019). Real Time Satellite Tracking, ed. "SAKURA 1A (CS-1A)" (en inglés). Consultado o 25 de xuño de 2019.
- ↑ Claude Lafleur (2019). "CS 1 / Sakura" (en inglés). Consultado o 25 de xuño de 2019.
- ↑ "Information Furnished in Conformity with General Assembly Resolution 1721 B (XVI) by States Launching Objects into Orbit or Beyond" (PDF) (78-10696). 8 de maio de 1978: 2. Consultado o 25 de xuño de 2019.