Códec
Códec é un acrónimo de «codificador/decodificador». Fai referencia a unha especificación implementada en software, en hardware ou en ambos que permite transformacións bidireccionais sobre datos e sinais. O obxectivo desas transformacións pode ser converter un sinal de analóxico a dixital e viceversa (transmisión), comprimir e descomprimir datos co obxectivo de aproveitar mellor a capacidade dos dispositivos de almacenaxe ou para facilitar a súa transmisión (compresión) ou para converter datos a un formato que só se pode ler se se escribe o contrasinal que restrinxe o acceso ao contido (encriptación).
Véxase tamén
editarCódecs de son
editar- AAC
- AIFF
- FLAC
- LAME
- MPEG 1-2 Audio Layer 3 (abreviadamente coñecido coma MP3)
- Mp3PRO
- MPC (tamén coñecido coma Musepack ou MPEGPlus/MP+)
- Ogg Vorbis
- RealAudio
- WAV
- Windows Media Audio (WMA)