César Morgado
futbolista español
César Morgado Ortega, nado en Barcelona o 26 de xaneiro de 1993, é un futbolista español que xoga como defensa no Lugo, da Primeira División RFEF. É fillo do exfutbolista Sergio Morgado, que xogaba tamén como defensa.
Nome orixinal | César Morgado Ortega | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 26 de xaneiro de 1993 ![]() Barcelona, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,85 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2012 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarComezou a súa carreira como futbolista no Badajoz CF, da Terceira División, e en 2014 iniciou un periplo de oito anos por diferentes equipos da Segunda División B (Córdoba B, Mérida, Cultural Leonesa, Villanovense, Valencia Mestalla e CD Badajoz). En 2021 fichou polo Sabadell, da nova Primeira División RFEF, no que militou durante dous anos. No verán de 2023 asinou como novo xogador do Lugo, da mesma categoría.[1]
Notas
editar- ↑ "César Morgado, nuevo jugador del CD Lugo" (en castelán). 21 de xullo de 2023. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2024. Consultado o 12 de marzo de 2024.