O Burnley Football Club, alcumado "The Clarets" polos seus seareiros, é un equipo de fútbol profesional da cidade de Burnley, Inglaterra. Foron membros fundadores da Football League en 1888. As cores do club son o granate e o azul, de onde procede o alcume do equipo (The Clarets, en referencia á cor viño ou cor granate), e o seu terreo de xogo como local dende 1883 Turf Moor.
O Burnley é posuidor de dous títulos de campionato de liga, 1920-21 e 1959-60, e unha FA Cup ou Copa de Inglaterra. Ademais, The Clarets conseguiron chegar aos cuartos de final da Copa de Europa en 1961. O Burnley é tamén un dos únicos tres equipos que conseguiron ser campións de cada unha das catro divisións profesionais do fútbol inglés. Os outros dous equipos son o Preston North End e o Wolverhampton Wanderers.
O club pasou gran parte da súa historia nas dúas primeiras divisións inglesas, aínda que permanecendo da máxima categoría dende 1976 a 2009. Dende 1985 a 1992 pasaron sete anos na categoría máis baixa da Football League, chegando incluso en 1987 a salvarse por pouco de descender das ligas profesionais inglesas. Porén, entre os anos 2000 e 2009 xogaron na segunda división, até acadar por primeira vez o ascenso á Premier League trinta e tres anos despois da última vez, logo de acadar a vitoria no play-off de ascenso a esta categoría. Despois de gañar os seus primeiros catro partidos como locais, son agora o equipo recentemente ascendido que máis partidos consecutivos gaña na casa, despois de bater o anterior récord de tres vitorias do Blackburn Rovers, equipo que é un dos maiores rivais do club.
Cadro actualizado a 31 de xaneiro de 2017.
Estatísticas a 7 de maio de 2016. Os xogadores en letra grosa seguen a xogar actualmente no Burnley. Na clasificación de máximos goleadores só se inclúen xogadores con máis de cen partidos no club.