Bulmers (C&C)
Bulmers Original Vintage Cider é unha marca de sidra producida en Irlanda. Para diferenciala da H. P. Bulmer, a sidra inglesa do mesmo nome, fóra da república Irlandesa é vendida co nome de Magners Original Irish Cider.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/c/c0/Magners_cider.jpg/150px-Magners_cider.jpg)
Historia
editarA produción comercial de sidra foi iniciada en Clonmel (condado de Tipperary) en 1935, por William Magner, oriúndo desa vila[1]. Magner mercou unha horta a en Clonmel a Mr. Phelan, e axiña estableceu un negocio boiante. En 1937 uniuse ao produtor de sidra inglés H. P. Bulmer[2]. Dowds Lane, en Clonmel, foi a sede desta crecente empresa.
En 1949 Magner retirouse do negocio e o nome de Bulmers saíu adiante. Dado que H.P. Bulmer mantiña os dereitos internacionais da marca Bulmers, impediu que a compañía irlandesa exportase a marca.
En 1964 o nome da compañía mudou a Showerings (Ireland) Ltd, e axiña trasladou o centro de operacións a un novo complexo en Annerville, a cinco quilómetros do centro de Clonmel cara ao leste pola estrada N24 a Waterford, aberta en 1965 polo daquela Taoiseach, Seán Lemass.
Actualidade
editarHoxe en día Irish Bulmers Ltd. emprega a 470 persoas, sendo unha parte substancial da infraestrutura económica da comunidade de Clonmel. É propiedade de Cantrell and Cochrane (C&C)[3], unha das maiores compañías inglesas de bebida.
A marca Magners
editarO éxito da sidra Bulmers en Irlanda levou ao nacemento da sidra Magners. O concepto foi orixinalmente desenvolvido por Shane Whelan, que defendía que o aumento internacional dos pubs irlandeses creaba un mercado natural para unha bebida propia irlandesa como a Magnersxuño de 2010[Cómpre referencia]. A etiqueta é idéntica á da Bulmers, agás no nome.
O produto
editarO produto é feito de xeito similar tanto para os nomes Bulmers e Magners. Está dispoñible en botellas de 330 ml, pinta, 750 ml e litro, e en latas de 500 ml. Adóitase servir con xeo. Na maioría dos bares irlandeses tamén está dispoñible en barril (ao igual que a Magners nalgúns bares escoceses). Inicialmente só estaba á venda en España, Irlanda do Norte e Escocia, pero a marca viu aumentar a súa popularidade nos últimos anos, e xa está dispoñible no Reino Unido, Europa, Australia, Canadá[4] e os EUA[1].
Outras variedades
editarA comezos do 2007, Bulmers e Magners lanzaron a versión light, unha versión con menos calorías (92 por cada botella de 330 ml)[5].
En marzo de 2009 Bulmers lanzou o mercado unha sidra de pera[6]. En febreiro de 2010, Bulmers lanzou a Bulmers Berry, unha mestura de 17 variedades de mazá, similar á Bulmers orixinal, xunto con grosellas, framboesas e amorodos, cunha gradación alcohólica do 4,5 %. Está dispoñible en botellas de pinta e longneck, e latas de 500 ml nos ultramarinos[7].
Mercadotecnia
editarA actual campaña de televisión para Bulmers en Irlanda (imitada por Magners no mercado internacional) ten anuncios para cada estación do ano. Comezan cunha toma dun horto en condicións estacionais (barro e neve en inverno, luminoso e verde con ceos asollados en verán), e entón mostran como as persoas gozan coa bebida durante estas estacións (cun lume morno en inverno, no exterior no sol temperado no verán).
Beber a sidra con xeo reflicte o movemento cara cervexas frías e extra frías. O éxito de Magners levou á sidra líder no mercado do Reino Unido, a Scottish & Newcastle, á presentación da Sirrus, unha versión da súa sidra Strongbow producida especificamente para ser tomada con xeo. En 2006 relanzaron a Bulmers Orixinal no reino Unido[4].
A marca Magners é a patrocinadora do torneo de rugby da Magners League, patrocinando os equipos de Irlanda, Gales e Escocia. Magners patrocinou o Brighton Festival Fringe no 2007[4], e foi un dos principais patrocinadores do Edinburgh Festival Fringe do 2009, e é o principal sponsor do Glasgow International Comedy Festival.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Brankweek, 5 de xuño de 2000 (en inglés).
- ↑ "Cider Museum". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2007. Consultado o 02 de xuño de 2010.
- ↑ "C&C". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2010. Consultado o 02 de xuño de 2010.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Independent". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2007. Consultado o 02 de xuño de 2010.
- ↑ "Bulmers Light Irish Cider". Bulmers Official Website. 10 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2009. Consultado o 10 de abril de 2009..
- ↑ "Bulmers Pear". Bulmers Official Website. 10 April 2009. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 10 April 2009.
- ↑ "Bulmers Berry - An Undergrowth Movement" Arquivado 16 de maio de 2010 en Wayback Machine., nova en www.bulmers.ie, 24 de febreiro de 2010 (en inglés).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- www.magnerscider.com (en inglés)
- www.bulmers.ie (en inglés).