Bugatti Type 35
O Bugatti Type 35 foi o modelo con máis éxito dos Bugatti de carreiras. Destaca pola "finura e elegancia do seu deseño", a súa versión co radiador en forma de arco que evolucionou a partir dos Bugatti Type 13 Brescia, se convertería na marca da casa máis coñecida aínda que nas versións dos distintos Tipo 35 houbo variacións sobre o tema.
Bugatti Type 35 | |
---|---|
Marca | Bugatti |
Fabricante | Bugatti |
Período | ╴1931 |
Dimensións | |
Lonxitude | 3 680 mm |
Anchura | 1 320 mm |
Peso | 750 kg |
Cronoloxía | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
O Tipo 35 foi un éxito fenomenal, gañou máis de 1.000 carreiras no seu tempo. Logrou Campionato do Mundo de Grandes Premios en 1926 logo de gañar 351 carreiras e establecer 47 rexistros nos dous anos anteriores. No seu apoxeo, os Tipo 35 promediaron 14 vitorias por semana. Bugatti gañou a Targa Florio durante cinco anos consecutivos, desde 1925 ata 1929, co Tipo 35.
Type 35
editarO modelo orixinal, presentado no Gran Premio de Lión o 3 de agosto de 1924, utilizaba unha evolución do motor 3 válvulas 2.0 L (1991 cc) árbore de levas e 8 en liña visto por primeira vez no Tipo 29. Producíronse 96 unidades.
Este novo motor co veo de manivelas montado sobre coxinetes e árbore de levas en cabeza, permitiu un motor fiable que proporcionaba 6000 rpm, e 90 CV (67 kW). Utilizaba Eixe ríxidos con béstas diante e detrás, e freo de tambor na parte posterior, accionado por cables. Os discos da roda de aliaxe foron unha novidade, para reducir o peso non suspendido. Unha segunda característica do Tipo 35, que se convertería nunha marca Bugatti era que os resortes pasaban a través do eixe dianteiro en lugar de entre os pernos en U como se facía nos seus coches anteriores.
Fíxose unha versión rara cun desprazamento total de 1´5 L (1494 cc). Hai dous destes coches raros en Nova Zelandia.
Dimensións:
- Longo: 3680 mm
- Largo: 1320 mm
- Distancia entre eixes: 2400 mm
- Track: 1200 mm
- Peso: 750 kg
Type 35A
editar<- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->
Unha versión menos custosa do Tipo 35 apareceu en maio de 1925. Chamado Tipo 35A na fábrica o nome foi ignorado polo público, é foi alcumado "Tecla" como un famoso fabricante de imitacións de xoiería. O motor do Tecla utilizaba tres casquetes de fricción, válvulas máis pequenas, e a bobina de encendido como o Type 30. Non só diminuíron os requisitos de mantemento, senón que tamén reduciuse a produción. Foron vendidos 139 unidades do tipo 35A.
Type 35C
editarO Tipo 35C contou cun compresor Roots, malia o desdén de Ettore Bugatti pola indución forzada. O motor daba case 128 CV (95 kW) cun só carburador Zenith. O Tipo 35C gañou o Gran Premio de Francia de 1928 e 1930. Cincuenta unidades saíron da fábrica.
Type 35T
editarPara 1926, Bugatti presentou un modelo especial para a nova carreira Targa Florio. Chamado oficialmente Tipo 35T, pronto se fixo coñecido como o Targa Florio. O desprazamento do motor era de 2.3 L (2262 cc). Os cambios de regras nos Grandes Premios que limitaron a capacidade a 2´0 L limitaron o atractivo deste modelo con só trece producidos.
Type 35B
editar<- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->
A versión final da serie Type 35 foi o Tipo 35B de 1927. Orixinalmente chamado Tipo 35TC, compartiu o motor 2.3 L do Tipo 35T pero engadiu un gran compresor como o tipo 35C. A potencia era de 138 cabalos de forza (102 kW), e realizáronse 45 unidades. O Tipo 35B gañou o Gran Premio de Francia de 1929.
Type 37
editar<- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->
O chasis do Type 35 e a carrozaría foron reutilizados no deportivo Tipo 37. Equipado cun novo motor de 1´5 L (1496 cc) 4 en liña, foron construídas 290 unidades do Tipo 37. Este motor era un deseño SOHC de 3 válvulas e producía 60 hp (44 kW). O mesmo motor pasou a ser utilizado no Tipo 40.
Type 37A
editarO Tipo 37A sobrealimentado representaron 67 das unidades producidas do Tipo 37. A potencia do motor era de ata 80 - 90 CV. Tamén tiña tambores de freo máis grandes.
Type 39
editar<- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->
O Tipo 39 era basicamente idéntico á do Tipo 35C agás do seu motor. Este foi modificado para ser máis pequeno de 1´5 L (1493 cc) cun veo de manivelas curto. Producíronse dez unidades.
Tamén existe unha estraña versión de 1´1 L (1092 cc).
Actividade deportiva
editarO Tipo 35 en todas as súas formas tivo unha gloriosa carreira deportiva, converténdose nun dos coches deportivos máis exitosos de todos os tempos. Non se coñece o número exacto de vitorias, arredor de dúas mil documentadas. O debut non foi feliz, no Gran Premio de Francia de 1924, en Lyon, Bugatti levou o seu grupo de 5 pilotos, entre os mellores da época: Meo Costantini, Jean Chassagne , Ernest Friderich, Leonce Garnier e Pierre de Vizcaya, algúns dos cales xa eran múltiples gañadores co Tipo 13. Pero a mala sorte tocoulle aos Bugatti, de Vizcaya restirouse por un accidente, Costantini abandonou por un fallo na dirección e os outros tres picaronospneumáticos, non se produciu ningún accidente pero foron sétimo, oitavo e undécimo. Pero a partir do Gran Premio de San Sebastián xurdiu a turrada do Tipo 35. Entre as fazañas máis memorables hai que mencionar sen dúbida as 5 vitorias consecutivas na Targa Florio, entre 1925 e 1929, pero tamén o título mundial de Jules Goux en 1926, nun Bugatti Tipo 39A. Tamén houbo traxedias, como a morte de Pietro Bordino. O 15 de abril de 1928 quixo probar un Tipo 35C en Alessandria, antes dunha carreira, pero saíuse da estrada, un can cruzou de súpeto a estrada, e tras o envorco do coche nun torrente o piloto morreu afogado e o copiloto, ferido grave, faleceu pouco despois.
Estas son só algunhas das principais vitorias do Tipo 35:
Principais vitorias e posicións do Tipo 35 e derivados | |||||||||||||
Data | Evento | Piloto | Vehículo | Posición | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
25 de setembro 1924 | Gran Premio de San Sebastián | Meo Costantini | Tipo 35 | 2 | |||||||||
3 de maio 1925 | Targa Florio | Meo Costantini | Tipo 35 | 1 | |||||||||
6 de setembro 1925 | Gran Premio de Italia | Meo Costantini | Tipo 39 | 3 | |||||||||
19 de setembro 1925 | Gran Premio de San Sebastián | Pierre de Vizcaya | Tipo 35 | 4 | |||||||||
28 de marzo 1926 | Premio Reale di Roma | Aymo Maggi | Tipo 35 | 1 | |||||||||
25 de abril 1926 | Targa Florio | Meo Costantini | Tipo 35T | 1 | |||||||||
27 de xuño 1926 | Gran Premio de Francia | Jules Goux | Tipo 39 | 1 | |||||||||
18 de xullo 1926 | Gran Premio de San Sebastián | Jules Goux | Tipo 39A | 1 | |||||||||
7 de agosto 1926 | Gran Premio do reino Unido | Malcolm Campbell | Tipo 39A | 2 | |||||||||
5 de setembro | Gran Premio de Italia | Louis Charavel | Tipo 39A | 1 | |||||||||
Meo Costantini | Tipo 39A | 2 | |||||||||||
12 de setembro 1926 | Gran Premio de Milán | Meo Costantini | Tipo 35C | 1 | |||||||||
6 de marzo 1927 | Gran Premio de Trípoli | Emilio Materassi | Tipo 35C | 1 | |||||||||
24 de abril 1927 | Targa Florio | Emilio Materassi | Tipo 35C | 1 | |||||||||
25 de xullo 1927 | Gran Premio de San Sebastián | Emilio Materassi | Tipo 35C | 1 | |||||||||
25 de setembro 1927 | Course de côte de Gaillon | Janine Jennky | Tipo 35C | 1 | |||||||||
6 de maio 1928 | Targa Florio | Albert Divo | Tipo 35B | 1 | |||||||||
16 de maio 1928 | Gran Premio de Borgoña | Janine Jennky | Tipo 35C | 1 | |||||||||
10 de xuño 1928 | Premio Reale di Roma | Louis Chiron | Tipo 35C | 1 | |||||||||
1 de xullo 1928 | Gran Premio de Francia | W Williams | Tipo 35C | 1 | |||||||||
5 de xullo 1928 | Gran Premio della Marna | Louis Chiron | Tipo 35B | 1 | |||||||||
25 de xullo 1928 | Gran Premio de San Sebastián | Louis Chiron | Tipo 35C | 1 | |||||||||
29 de xullo 1928 | Gran Premio de España | Louis Chiron | Tipo 35C | 1 | |||||||||
9 de setembro 1928 | Gran Premio de Italia | Louis Chiron | Tipo 35C | 1 | |||||||||
Tazio Nuvolari | Tipo 35C | 3 | |||||||||||
5 de maio 1929 | Targa Florio | Albert Divo | Tipo 35C | 1 | |||||||||
30 de xuño 1929 | Gran Premio de Francia | W Williams | Tipo 35B | 1 | |||||||||
Caberto Conelli | Tipo 35C | 3 | |||||||||||
Albert Divo | Tipo 35B | 4 | |||||||||||
14 de xullo 1929 | Gran Premio de Alemaña | Louis Chiron | Tipo 35C | 1 | |||||||||
Georges Philippe | Tipo 35C | 2 | |||||||||||
Guy Bouriat | Tipo 35C | 4 | |||||||||||
Mario Lepori | Tipo 35B | 5 | |||||||||||
25 de xullo 1929 | Gran Premio de España | Louis Chiron | Tipo 35B | 1 | |||||||||
Georges Philippe | Tipo 35C | 2 | |||||||||||
Marcel Lehoux | Tipo 35C | 3 | |||||||||||
6 de abril 1930 | Gran Premio de Mónaco | René Dreyfus | Tipo 35B | 1 | |||||||||
Louis Chiron | Tipo 35C | 2 | |||||||||||
Guy Bouriat | Tipo 35C | 3 | |||||||||||
20 de xullo 1930 | Gran Premio de Bélxica | Louis Chiron | Tipo 35C | 1 | |||||||||
Guy Bouriat | Tipo 35C | 2 | |||||||||||
Albert Divo | Tipo 35C | 3 | |||||||||||
21 de setembro 1930 | Gran Premio de Francia | Philippe Etancelin | Tipo 35C | 1 | |||||||||
Juan Zanelli | Tipo 35B | 3 | |||||||||||
Stanislas Czaikowski | Tipo 35C | 4 | |||||||||||
Jean de l'Espee | Tipo 35C | 5 |
Notas
editar- Referencias
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bugatti Type 35 |