Brigaecinos
pobo prerromano ástur
Os brigaecinos (en latín: Brigaecini) eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo ástur[1] augustano ou cismontano. A súa capital era Brigaecia, xunto a Benavente. Este pobo estendíase polo norte da actual provincia de Zamora, incluíndo a rexión de Pobra de Seabra.[2]
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/5/52/Conventus_Asturum.jpg/220px-Conventus_Asturum.jpg)
Eran o pobo ástur máis meridional.[2] Estaban en contacto con Roma dende tempo atrás, sendo aliados dos romanos durante as guerras cántabras, avisando ó legado imperial Publio Carisio da ofensiva ástur no inverno do ano -25.
Notas
editar- ↑ González, Manuel i Solórzano, Jesús Angel (ed), ed. (2005). II Encuentro de Historia de Cantabria: actas del II encuentro celebrado en Santander los días 25 a 29 de noviembre del año 2002, Tomo 1 (en castelán). Santander: Universidad de Cantabria. pp. p. 120. ISBN 84-8102-954-8.
- ↑ 2,0 2,1 Alberro (1999), p. 59: "Brigaecini".
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Alberro, Manuel (1999). "Los pueblos celtas del Noroeste de la Península Ibérica" (PDF). Anuario brigantino (Betanzos: Concello de Betanzos) (22): 49–70. ISSN 1130-7625.