BRILAT
A BRILAT, ou Brigada de Infantería Ligera "Galicia" VII, é unha unidade de infantaría lixeira do Exército de Terra de España, encadrada dentro das Forzas Lixeiras. Foi creada en 1966 coa denominación inicial de Brigada de Infantería Aerotransportable, e ten participado en diversas operacións multinacionais en países coma Bosnia e Hercegovina, Kosovo, Iraq, Paquistán, Líbano, Afganistán, Malí e Eslovaquia.
BRILAT | |
---|---|
Tipo | Brigada Orgánica Polivalente |
Data de fundación | 24 de xaneiro de 1966 |
Nº de empregados | 2.000 (2000) |
Premios | Medalla de Ouro de Galicia |
En | Figueirido, Pontevedra e Vilaboa |
País | España |
42°23′09″N 8°39′10″O / 42.385833333333, -8.6527777777778 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cambios de denominación
editarA través dos seus anos de existencia o nome de Brigada de Infatería Aerotransportable deu paso a Brigada de Infatería Ligera Aerotransportable, máis tarde a Brigada de Infatería Ligera Aerotransportable "GALICIA" VII e por último a Brigada de Infatería Ligera "GALICIA" VII - BRILAT.
Localización e estrutura
editarDende 1988 a maioría das súas unidades atópanse en Pontevedra, actualmente na Base General Morillo, que ocupa terreos da parroquia de Salcedo, concello de Pontevedra, e unha pequena parte da de Figueirido, concello de Vilaboa. Esta base está integrada por uns 2 400 efectivos, dos cales ó redor de 1 700 son galegos. A porcentaxe de mulleres é dun 11%.[1]
En Siero, Asturias, hai un rexemento de infantaría, e en Santovenia de Pisuerga, Valladolid, un grupo de cabalaría de recoñecemento.
Ministerio de Defensa de España | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ejército de Tierra de España | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fuerza | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fuerza Terrestre (FUTER) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fuerzas Ligeras (FUL) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Brigada de Infantería Ligera "GALICIA" VII | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cuartel General | Batallón de Cuartel General | Regimiento de Infantería Ligero "Príncipe" Nº 3 | Regimiento de Infantería Ligero "Isabel la Católica" Nº 29 | Grupo de Cabalaría de Recoñecemento "Santiago" VII | Grupo de Artillería de Campaña VII | Batallón de Zapadores Ligero VII | Compañía de Transmisiones 7 | Crupo Logístico VII | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Batallón de Infantería Ligero "San Quintín" I/3 | Batallón de Infantería Ligero "Toledo" II/3 | Batallón de Infantería Ligero "Zamora" I/29 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Armamento e vehículos
editarEntre o armamento que ten de dotación individual está as pistolas Llama M-82 e HK USP, fusís HK G36, 12'70 Barret e Accuracy 7'62, e lanzafoguetes Instalaza C-90.[2]
Como armamento colectivo emprega sistemas coma a metralladora MG3, morteiros, o lanzagranadas LAG 40, o obús 105/37 Light Gun, os mísiles contracarro TOW e MILAN, ou o mísil antiaéreo Mistral.[2]
Dispón de variedade de vehículos lixeiros e pesados, algúns deles procedentes do construtor galego URO e outros dos fabricantes Santana, Nissan, Iveco, Pegaso ou BAE Systems.
Ten blindados a rodas Centauro, e VEC, porén, cando actúa en zona de operacións, emprega outros de máis recente adquisición, coma o Iveco LMV Lince ou o RG-31 Nyala, especialmente deseñados para a protección dos tripulantes contra artefactos explosivos.[2]
Máis materiais dos que fai uso son o radioteléfono PR4-G ou o radar RAVEN.[2]
Participacións en misións internacionais
editarEn 1995 comezou a participación da BRILAT en misións internacionais, no marco das Nacións Unidas ou da OTAN.
- Bosnia e Hercegovina, nos anos 1995, 1997 e 1999.
- Kosovo, anos 2000, 2002 e 2008.
- Iraq no ano 2003.[3]
- Paquistán, tralo terremoto de Caxemira de 2005.
- Afganistán, anos 2005, 2006, 2008, 2009, 2010 e 2012.
- Líbano, nos anos 2007, 2009 e 2019.
- Malí en 2019.
Nelas varios integrantes da BRILAT perderon a vida en diversas circunstancias.
Operacións en territorio nacional
editarNos anos 2002 e 2003 traballou na limpeza do chapapote das praias galegas tralo desastre do Prestige.[4]
Tralos atentados do 11 de marzo de 2004, persoal da brigada patrullou estacións e vías de ferrocarril durante meses.
A BRILAT patrulla tódolos anos os montes galegos en tempada estival, en prevención dos incendios forestais.
Xefatura
editarA xefatura correspondeulle, dende 2009 ata 2014, ao xeneral de brigada ourensán José Antonio Alonso Miranda,[5] de 2014 a 2019 a Luis Cebrián Carbonell[6] e dende 2019 a Luis Cortés Delgado.
Recoñecementos
editarEn 1995 a brigada recibiu a Medalla de Ouro de Galicia, e en 2011 a Medalla de Ouro da Deputación de Pontevedra.[7]
Notas
editar- ↑ Una "empresa" con 2 500 trabajadores, artigo de Faro de Vigo do 1 de maio de 2012 (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Brigada de Infantería Ligera 'Galicia' VII, materiais.
- ↑ No contexto da Guerra de Iraq, foi a única misión internacional na que participou na que non estaba integrada nunha estrutura nin da ONU nin na NATO.
- ↑ "La Brilat, condecorada por su intervención en la costa durante la catástrofe del "Prestige"". Faro de Vigo (en castelán). 22/3/2017.
- ↑ Orden por la que se nombra Jefe de la Brigada de Infantería Ligera «Galicia» VII ... BOD n.º 228 de 28 de novembro de 2009.
- ↑ "Defensa excluye a la Brilat de sus planes de reducción..." Faro de Vigo 20/1/14 (en castelán).
- ↑ "A BRILAT recibíu a Medalla de Ouro da provincia pola súa longa radicación en Pontevedra e a súa contribución a distintas misións do Estado". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 02 de xuño de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: BRILAT |
Bibliografía
editar- López Torre, Rafael (2015): "El establecimiento del CIR en Figueirido", pp. 169–174, en Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968), Concello de Pontevedra e Faro de Vigo, D.L.: PO 314-2015 (en castelán).