Brayan Perea

futbolista colombiano

Brayan Andrés Perea Vargas, alcumado El Coco, nado o 25 de febreiro de 1993 en Cali, é un futbolista profesional colombiano, que xoga como dianteiro na Società Sportiva Lazio da Serie A italiana. É internacional coas categorías inferiores da selección colombiana.

Modelo:BiografíaBrayan Perea

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1993 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Cali, Colombia Editar o valor en Wikidata
Altura189 cm Editar o valor en Wikidata
Peso77 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade23 de febreiro de 2011 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Número deportivo13 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2011–2013 Deportivo Cali 54(11)
2013–2014 SS Lazio 19(1)
2014–2015 cesión AC Perugia Calcio 16(1)
2015–2015 SS Lazio 5(0)
2015–2016 cesión Troyes AC 12(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2013–2014   Colombia sub-20 16(1)

Traxectoria

editar

Nado en Cali, Perea desenvolveuse futbolisticamente no principal equipo da súa cidade natal, o Deportivo Cali. Co equipo colombiano conquistou en 2012 o Campionato Postobon sub-19. O xogador contribuíu ao título do seu equipo marcando un hat-trick na final contra o Atlético Nacional. A consecución deste título permitiu ao equipo participar na Copa Liberadores sub-20. Debido á súa gran proxección, onde destaca a súa velocidade, efectividade e remate de cabeza, debuta no primeiro equipo na máxima categoría colombiana o 10 de setembro de 2011 ante o Boyacá Chicó. Nese encontro entra no minuto 77 en substitución de Cesar Amaya. Posteriormente alterna o xuvenil co primeiro equipo, onde se fai un oco no once inicial. As súas boas actuacións, sobre todo na Copa Libertadores sub-20, chaman a atención de importantes clubs europeos.

Aínda que se rumoraba a súa fichaxe polo Udinese italiano, onde sería cedido ao Watford, finalmente é contratado pola Società Sportiva Lazio da Serie A o 11 de febreiro de 2013, pagando por el un total de 2,5 millóns de euros.[1] Despois da súa participación no Mundial de Fútbol sub-20, viaxou rumbo a Italia, aínda que ten que regresar a Colombia durante o inicio da Serie A, debido a que a cota de estranxeiros do club estaba chea, especulándose unha posible cesión a outro club. Porén, a situación foi remediada e Perea puido unirse á disciplina do club romano. A súa primeira combocatoria fou para xogar o "Derby della Capitale" ante a AS Roma, correspondente á cuarta xornada da temporada 2013−14. Porén, non debuta en liga até a semana seguinte, xogando os últimos 20 minutos do partido na vitoria do seu equipo por 3-1 fronte o Catania.

O seu primeiro partido como titular cos Biancocelesti foi na UEFA Europa League 2013−14 ante o Trabzonspor turco, dando dúas asistencias cruciais no empate a tres do seu equipo e xogando os 90 minutos do encontro. O seu primeiro gol en Liga chega na derrota por 2-1 ante o ao Atalanta pondo a igualdade transitoria do xogo. O seu primeiro gol continental chega coa vitoria 0-2 da Lazio fronte ao Legia Varsovia de Polonia pondo o 1 a 0 parcial do xogo. Anota o seu primeiro dobrete coa Lazio fronte ao Parma nos oitavos de final da Copa Italia marcando o primeiro e o segundo gol na vitoria 2-1, marcando a poucos momentos do final do partido para certificar a clasificación do seu equipo á seguinte rolda.

Pazra gozar de máis minutos é cedido ao ano seguinte ao Perugia Calcio, onde xoga 16 partidos anotando un gol. Ao ano seguinte xoga no fútbol francés, saíndo cedido ao Troyes AC da Ligue 1. Debutou no equipo galo o 23 de agosto de 2015, entrando no minuto 68 da derrota do seu equipo por 6-0 ante o Olympique de Marseille. O seu primeiro gol sería o 28 de outubro na Copa de Francia na derrota por 2-1 contra o Lille OSC.

Club Categoría Ano PX Goles
Deportivo Cali Liga Águila (1ª)
Copa Águila
2011 10
9
0
3
Deportivo Cali Liga Águila (1ª)
Copa Águila
2012 28
6
6
1
Deportivo Cali Liga Águila (1ª) 2013 16 5
SS Lazio Serie A (1ª)
Coppa Italia
Europa League
2013–2014 19
2
6
1
2
2
Perugia Serie B (2ª) 2014–2015 16 1
Troyes AC Ligue 1 (1ª)
Coupe de France
2015–2016 12
1
0
1
Lugo LaLiga2 2016–2017 11 0

Palmarés

editar
Colombia
  1. "Brayan Perea, ¿un 'fiasco' para la Lazio?". Marca. 4 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar