Brave Little Tailor
Brave Little Tailor é unha curtametraxe animada de 1938 producida por Walt Disney Productions e distribuída por RKO Radio Pictures. A animación é unha adaptación do conto de fadas O xastriño valente con Mickey Mouse como protagonista. Foi dirixida por Bill Roberts e conta con música orixinal de Albert Hay Malotte.[1] As voces dos personaxes son as de Walt Disney como Mickey, Marcellite Garner como Minnie, e Eddie Holden como o xigante.
Brave Little Tailor | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Brave Little Tailor |
Director | Bill Roberts |
Produtor | Walt Disney |
Intérpretes | Walt Disney Marcellite Garner Eddie Holden |
Música | Albert Hay Malotte |
Estudio | Walt Disney Productions |
Distribuidora | RKO Radio Pictures |
Estrea | ![]() |
Duración | 9 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Animación |
Filme anterior | Mickey's Parrot (1938) |
Filme seguinte | Society Dog Show (1939) |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Brave Little Tailor foi nomeado ó Oscar á mellor curtametraxe animada na 11ª edición dos premios en 1939, pero perdeu fronte a outra produción de Disney, Ferdinand the Bull. En 1994, foi escollida como unha das mellores animacións de debuxos de tódolos tempos por membros do eido da animación. A lista foi recollida no libro The 50 Greatest Cartoons.
Notas
editar- ↑ "Brave Little Tailor Arquivado 17 de xaneiro de 2013 en Archive.is". www.bcdb.com, 12 de abril de 2012
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Brave Little Tailor na IMDb (en inglés).