Branco e negro
O branco e negro é un termo amplamente usado para referirse a un abano de acabamentos e procesos das artes visuais de carácter monocromo, e onde só existen brancos, negros e distintas tonalidades de grises.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/9/9e/Breadfruit.jpg/220px-Breadfruit.jpg)
Existe a fotografía en branco e negro e a banda deseñada en branco e negro. Tamén tiveron a súa época, se ben agora só se usan xa con carácter experimental, o cine en branco e negro e a televisión en branco e negro.