Brais
Brais[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o latín Blasius, que á súa vez provén de blaesus que quere dicir 'o que tatexa ou gaguexa', 'tatexo'. En galego tamén ten a vairante Bras.[2]
En xaneiro de 2023 existían 5.814 varóns en Galicia co nome Brais, cunha media de idade de 18,5 anos.[3] Non hai persoas rexistradas coa variante Bras.
Historia
editarBrais (Bras) foi un nome común en Galiza, San Brais é padroeiro de dúas parroquias, mais é moi venerado. A variante galega do nome foi moi empregada na antigüidade, sendo aos poucos substituída no século XX pola forma castelá Blas. Martín Sarmiento fala do nome Brais (Bras dô Montecelo): Brais, de Blasius, entre los rústicos se usa Bràs.[4] Hoxe en día a variante galega do nome volveuse nun dos nomes máis populares de Galiza novamente, sendo un dos nomes máis populares entre os nenos varóns. Tamén ten certo uso nas zonas galegofalantes de fóra de Galicia, e así hai 30 Brais en Asturias[5] e 28 en León.[6]
Onomástica
editar- 3 de febreiro: San Brais, venerado en occidente, importante en Galiza sendo patrón de dúas parroquias. San Brais era médico e foi coñecido porque retirou coa man unha espiña da gorxa dun neno; por ese motivo é padroeiro das doenzas da gorxa. Foi capturado polos romanos e decapitado no ano 316, sendo enterrado na cidade de Sebaste, Armenia (actual Sivas, Turquía).
Na cultura popular galega
editarDitos
editar- Xa te entendo, Bras, significa que un alcanza a intención doutro[7].
Refraneiro
editar- Ai Bras, que tanto dis que me queres e tanto sofrir me fas!
- Bras, lávate e comerás: dispois de lavado, non comerás bocado.
- Ende chegando o San Bras pon pan e viño na alforxa, que día non faltará.
- Mira, Bras, por onde vas, e coida ben o que fas.
- San Bras da Barca que afoga e non mata.
- Se te lavas, Bras, a rèla quitarás e limpo quedarás.
- Polo San Brais, teñen os días dúas horas máis[7].
- Polo San Brais hora e media máis e se ben contaras dúas encontraras.
- Vamos mozas a San Brais, que festas non quedan máis[8].
Variantes noutras linguas
editarVariantes noutras linguas | |
---|---|
Lingua castelá | Blas |
Lingua alemá | Blasius |
Lingua bretoa | Bleaz |
Lingua catalá | Blai |
Lingua checa | Blažej |
Lingua corsa | Biasgiu |
Lingua croata | Blaž |
Lingua dinamarquesa | Blasius |
Lingua éuscara | Balas, Balasi |
Lingua finesa | Blasius |
Lingua francesa | Blaise |
Lingua galega | Brais |
Lingua grega | Βλάσιος (Blasios) |
Lingua neerlandesa | Blasius |
Lingua húngara | Balázs |
Lingua inglesa | Blaise |
Lingua islandesa | Blasíus |
Lingua italiana | Biagio |
Lingua latina | Blasius |
Lingua lituana | Blažiejus |
Lingua norueguesa | Blasius |
Lingua polonesa | Błażej |
Lingua portuguesa | Brás |
Lingua romanesa | Blasiu |
Lingua rusa | Власий (Vlasij) |
Lingua serbia | Власије (Vlasije) |
Lingua sueca | Blasius |
Lingua turca | Vlas |
Persoeiros
editarSantos
editar- Brais de Sebaste (San Brais), foi un mártir, bispo e santo católico que viviu entre os séculos III e IV na Armenia.
Galegos
editar- Brais Maceiras, gaiteiro e acordeonista (Elviña, A Coruña, 1978).
- Brais Abad, actor (A Coruña).
- Brais Rodríguez, debuxante e guionista de banda deseñada (Brión, 1980).
- Brais González Pérez, escritor e político (Salceda de Caselas, 1988).
- Brais Méndez, futbolista (Mos, 1997).
- Brais Pinto, personaxe ficticio que dá nome a un grupo galeguista fundado no ano 1958 en Madrid.
Outros artistas e escritores
editar- Blas Valera (1545-). Cronista español.
- Blas Antonio Nasarre y Férriz (1689-1751). Filólogo español.
- Blas de Cáseda y Villamayor (-1748). Músico español.
- Blas de Laserna (1751-1816). Compositor español.
- Blai Parera y Moret (1776-1840). Músico e compositor español (creou a música do Himno Nacional Arxentino).
- Blas Garay (1873-1899). Escritor paraguaio.
- Alfonso Sánchez Urteaga (1910-1985). Pintor peruano.
- Blas Galindo Dimas (1910-1993). Compositor mexicano.
- Blas de Otero (1916-1979). Poeta español.
- Blas Pajarero (1926-). Escritor español.
- Blas Matamoro (1942-). Escritor arxentino.
- Blas Emilio Atehortúa (1943-). Compositor colombiano.
- Blas Durán (1949-). Cantante da República Dominicana.
- Brás Garcia de Mascarenhas, 1596, foi un militar e poeta portugués.
Científicos e investigadores
editar- Blas Ruiz. Explorador español.
- Blas Cabrera (1878-1945). Físico español.
- Blaise Pascal (1623-1662). Matemático, físico e filósofo relixioso francés.
Deportistas
editar- Blas Pérez (1881-). Futbolista panameño.
- Blas Ruiz (1979-). Deportista mexicano da especialidade de tiro.
Políticos
editar- Brás Baltasar da Silveira, 1674, foi un fidalgo portugués, gobernador da Capitanía de São Paulo e Minas de Ouro.
- Brás de Sousa, 1825, foi un político, xurista e profesor brasileiro.
- Brás do Amaral, 1861, foi un médico, profesor, político e historiador brasileiro.
Personaxes de ficción
editar- Brais, monicreque do Barrio Sésamo.
Notas
editar- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Nome Brais na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Martin Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970)
- ↑ "Los nombres más frecuentes de la población de Asturia". SADEI.
- ↑ "Frecuencias de nombres". INE. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2017. Consultado o 04 de febreiro de 2022.
- ↑ 7,0 7,1 Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
- ↑ Eligio Rivas Quintas (1988): Frampas, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Brás Pires, concello brasileiro do estado de Minas Gerais.
- San Brais
- Lista de nomes masculinos en galego
- Lista de nomes masculinos galegos máis comúns
Bibliografía
editar- Yáñez Solana, Manuel (1995). El gran libro de los Nombres. M. E. Editores, Madrid. ISBN 84-495-0232-2.
- Montes Vicente, José María (2001). El libro de los Santos. Alianza, Madrid. ISBN 84-206-7203-3.