Boulazac Basket Dordogne
O Boulazac Basket Dordogne (BBD) é un club de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Boulazac (Dordoña, Nova Aquitania). O equipo compite actualmente na LNB Pro A, a máxima categoría do baloncesto galo. Fundado en 1992, o seu pavillón como local é o Le Palio, con capacidade para 5.200 espectadores.
Boulazac Basket Dordogne | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Pro A |
Alcume | BBD |
Fundación | 1992 |
Historia | Olympique d'Antibes (1933–2012) |
Cores | Azul, ouro, branco |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Le Palio |
Capacidade | 5.200 |
Inauguración | 6 de setembro de 2008 |
boulazac-basket-dordogne.com |
Historia
editarAs orixes do club están en Périgueux, onde levaba o nome de US périgourdine. A construción en 1992 dun pavillón con capacidade para 2.000 espectadores, levou aos dirixentes da USO a mudarse a Boulazac, suburbio da propia Périgueux. No ano 2003 o club consegue gañar a NM2 (4ª división) e en 2005 a NM1 (3ª diviaión), conseguindo o ascenso ao baloncesto profesional. Após sete temporadas na Pro B, o club consegue o seu maior éxito ao ascender á Pro A, máxima categoría do baloncesto galo, tras obter a segunda posición despois do Limoges CSP. O seu primeiro ano na máxima categoría non resultou ben, xa que o equipo acaba en décimo quinto lugar descendendo de novo á Pro B. Despois de catro temporadas na segunda división, o equipo consegue regresar á elite no ano 2017. Nesa temporada o equipo acaba en cuarto lugar na liga regular, mais nos play-offs consegue o ascenso despois de eliminar ao Le Havre, ao Évreux e ao Nantes.[1] Na temporada 2017−18, o equipo finaliza en postos de descenso, con todo, debido ao non ascenso do ADA Blois debido a motivo administrativos, o equipo conservou a categoría.[2]
Ano a ano
editarAno | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Outras competicións | |
---|---|---|---|---|---|---|
2008–09 | 2 | Pro B | 14º | |||
2009–10 | 2 | Pro B | 11º | Rolda de 64 | ||
2010–11 | 2 | Pro B | 12º | Rolda de 64 | ||
2011–12 | 2 | Pro B | 2º | Cuartos de final | ||
2012–13 | 1 | Pro A | 15º | Rolda de 32 | ||
2013–14 | 2 | Pro B | 12º | Rolda de 16 | ||
2014–15 | 2 | Pro B | 3º | Rolda de 32 | ||
2015–16 | 2 | Pro B | 4º | Rolda de 32 | Pro B Leaders Cup | |
2016–17 | 2 | Pro B | 2º | Rolda de 64 | ||
2017–18 | 1 | Pro A | 17º | Subcampión |
Palmarés
editar- Campións (3): 1970, 1991, 1995
- Campións (1): 2013
Xogadores
editarDestacados
editarNotas
editar- ↑ "Boulazac remonte dans l'élite en battant Nantes". L'Équipe (en francés). 18 de xuño de 2017.
- ↑ "Communiqué de l’ADA Blois Basket 41 – Non engagement en jeep elite". ada-basket.com (en francés). 18 de xuño de 2017.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web oficial do Antibes Sharks (en francés)