Borislav Cvetković
Borislav Cvetković, nado en Karlovac o 30 de setembro de 1962, é un exfutbolista e exadestrador de fútbol serbio. Foi internacional coa selección iugoslava e medallista olímpico de bronce nos Ánxeles 1984.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1962 (62 anos) Karlovac, Croacia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Karlovac | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 68 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Iugoslavia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1984 | Eurocopa de Fútbol Francia 1984 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1984 | Xogos Olímpicos de 1984 |
Traxectoria
editarComo futbolista
editarFormouse futbolisticamente no Karlovac, pasando logo ao Dinamo Zagreb, co que debutou en 1980 na Primeira División de Iugoslavia. Xogou durante seis tempadas no club croata, gañando unha liga e unha Copa de Iugoslavia e debutando en competicións europeas, ao disputar a Copa de Europa e a Recopa de Europa.
En 1986 fichou polo Estrela Vermella. Na súa primeira tempada chegou ata os cuartos de final da da Copa e Europa, onde foi eliminado polo Real Madrid, e con 7 goles, foi o máximo goleador da competición. Ao ano seguinte gañou unha nova liga iugoslava.
En 1988 deixou o seu país e fichou polo Ascoli, da Serie A. Xogou durante tres anos no club das Marcas, disputando un total de 59 partidos na máxima categoría e marcando 13 goles.
Con todo, a súa carreira viuse truncada en 1991, cando sufriu unha grave lesión que o mantivo inactivo durante todo un ano. Despois pasou a xogar na Serie D, primeiro no Maceratese e despois na Casertana, para rematar definitivamente a súa carreira en 1995 nas filas do Borac Čačak.
Selección de Iugoslavia
editarFoi internacional coa selección de Iugoslavia en 14 ocasións, marcando 2 goles. Disputou a Eurocopa de 1984 e participou nos Xogos Olímpicos de 1984, gañando a medalla de bronce. Ademais foi o máximo goleador do torneo olímpico, con 5 goles, empatado co seu compañeiro Stjepan Deverić e co francés Daniel Xuereb.
Adestrador
editarDespois de retirarse dedicouse ao labor de adestrador., Comezou dirixindo os xuvenís do Obilić, collendo as rendas do primeiro equipo na tempada 2003/04. Máis tarde foi brevemente segundo adestrador de Dragomir Okuka no banco da selección sub-21 de Serbia e Montenegro e entre 2005 e 2006 foi axudante de Walter Zenga no Estrela Vermella de Belgrado.
En 2008 volveu ao Estrela Vermella como segundo adestrador de Zdeněk Zeman e na tempada 2009/10 dirixiu o filial do club na segunda división serbia.
Vida persoal
editarEra irmán máis novo do tamén futbolista Zvjezdan Cvetković, co que coincidiu durante anos no Dinamo Zagreb.[1]
Palmarés
editar- Dinamo Zagreb
- Primeira División de Iugoslavia (1): 1981/82.
- Copa de Iugoslavia (1): 1982/83.
- Estrela Vermella
- Primeira División de Iugoslavia (1): 1987/88.
Notas
editar- ↑ "'STRAŠNO, NA MJESTU JE UMRO': / Šokirani brat iznenada preminule legende Dinama u suzama otkrio potresne detalje tragedije" (en croata). 27 de febreiro de 2017. Consultado o 21 de marzo de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do adestrador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en worldfootball.net (en inglés).
- Datos do xogador no sitio web do Comité Olímpico Internacional (en inglés).