Bogdan Agopsowicz
Bogdan Agopsowicz (en ucraíno: Богдан Агопсович, "Bohdan Ahopsovych"), nado o 2 de marzo de 1908 en Kuty (hoxe Ucraína) e finado en maio de 1940, foi un sacerdote católico armenio galiciano, morto ao tratar de fuxir da URSS.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de marzo de 1908 ![]() Kuty ![]() |
Morte | 1940 ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Descrito pola fonte | Leksykon duchowieństwa polskiego represjonowanego w ZSRS 1939-1988 ![]() |
Traxectoria
editarNaceu o 2 de marzo de 1908 en Kuty, unha vila de Galicia con importante poboación armenia, e entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria (Austria-Hungría), na fronteira co Ducado de Bucovina.[1][2][3] Graduouse na Academia Teolóxica de Lviv, e posteriormente foi ordenado sacerdote no rito armenio en 1936.[1][3] Até 1939 exerceu de vigairo da catedral armenia de Lviv[1] e permaneceu alí coa ocupación soviética, sendo Dionizy Kajetanowicz administrador apostólico da arquidiocese armenia.[3] Durante a ocupación, axudou a soldados polacos a fuxir cara a Romanía.
Debido a que os soviéticos querían trasladalo ao gulag en Siberia, en maio de 1940 tentou fuxir da URSS e foi executado pola garda de fronteiras ao tentar cruzar o río Cheremosh para pasar a Romanía.[1][2][3] Descoñécense o lugar e a data exactos.[3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Madała, Tadeusz (1996). Polscy księża katoliccy w więzieniach i łagrach sowieckich od 1918 r (en polaco). Retro. p. 17. ISBN 9788390529264.
- ↑ 2,0 2,1 Марцинек, Т (2010). "Рождение и смерть армянской католической церкви в Галиции Куты на Черемоше 1717-1947". Исследования по арменистике в Украине (en ruso) (Simferopol) 2: 50–53.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Чаплицкий, Бронислав; Осипова, Ирина Ивановна (2000). Книга памяти: мартиролог Католической церкви в СССР. Серебряные нити. p. 8.