Boeing C-108 Flying Fortress
O Boeing C-108 Flying Fortress foi un avión de transporte estadounidense usado durante a segunda guerra mundial. Catro foron convertidos a partir de bombardeiros pesados B-17 Flying Fortress.
Boeing C-108 Flying Fortress | |
---|---|
![]() | |
Tipo | transporte militar |
Fabricante | Boeing / Lockheed-Vega / Wright-Patterson AFB |
Primeiro voo | 1943 |
Introducido | 1943 |
Retirado | 1945 |
Principais usuarios | USAAF |
Unidades construídas | 4 conversións |
Deseño e desenvolvemento
editarO primeiro C-108 construído (designado XC-108) foi un B-17E (41-2593) convertido nun transporte V.I.P. para o xeneral Douglas MacArthur en 1943 e alcumado "Bataan". Coa excepción das torretas do morro e da cola, todo o armamento foi retirado, así como toda a blindaxe. O interior do avión transformouse nunha oficina aérea para MacArthur, con máis fiestras, cociña e espazo habitable.[1] Para facilitar a entrada e a saída instalouse unha porta abatible con chanzos na fuselaxe traseira. Unha conversión semellante foi posteriormente realizada nun B-17F-40-VE (42-6036), que foi redesignado YC-108.[2]
Entre agosto de 1943 e marzo de 1944 outro B-17E (41-2595) foi convertido como avión de carga e designado XC-108A. Agardando converter bombardeiros obsoletos en cargueiros, a USAAF iniciou unha estación de remanufacturación na Base Aérea Wright-Patterson. O avión foi despoxado de armamento, blindaxe e outro equipamento militar. Os lugares da tripulación foron cambiados e o morro foi modificado para proporcionar espazo para a carga e/ou o persoal. Accedíase á cabina a través da pasarela debaixo dela ou a través do cono de morro sólido con bisagras que substituía á estación do bombardeiro acristalada orixinal. Para incrementar o espazo de carga retiráronse varios anteparos e as portas da baía de bombas selouse. Isto permitiu que gran parte do volume da fuselaxe se utilizase para transportar carga ou persoal.[3]
Un B-17F (42-30190) foi convertido, recibindo a designación XC-108B, para transportar combustible. Ao igual que o XC-108A, non tiña armas e blindaxe, e a fuselaxe foi modificada para que tivese espazo para carga. A fuselaxe estaba chea de depósitos de combustible.[4]
Notas
editar- ↑ PacificWrecks.com. "Pacific Wrecks - B-17E / XC-108 "Bataan" Serial Number 41-2593". pacificwrecks.com (en inglés). Consultado o 2024-03-19.
- ↑ "Boeing C-108 Flying Fortress". www.globalsecurity.org. Consultado o 2024-03-19.
- ↑ "41-2595". American Air Museum in Britain. Consultado o 19 de marzo de 2024.
- ↑ "Aero Vintage Books: B-17E Desert Rat History". www.aerovintage.com. Consultado o 2024-03-19.