Boí Taüll
Boí Taüll é unha estación de esquí do Pireneo Catalán, situada no municipio de La Vall de Boí, na provincia de Lleida.
Tipo | Estación de esquí | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | La Vall de Boí, España | |||
| ||||
Cordilleira | Pireneos | |||
Características | ||||
Altitude | punto máis baixo: 2.040 m punto máis alto: 2.751 m | |||
Estación de esquí | ||||
Remonte | 10 (13.200 pers/h) | |||
Pista de esquí alpino | 43 (45 km) 6 15 16 6 | |||
Sitio web | boitaull.cat | |||
Descrición
editarCoas cotas máis altas do Pireneo (2.750 metros cota máxima e 2.038 metros cota mínima) e unha privilexiada situación encarada ao norte, a estación garante unha neve de excelente calidade. Ademais, ofrece un completo dominio esquiable con 10 pistas verdes, 7 azuis, 26 vermellas e 10 negras, algunhas con desniveis de ata 750 metros e sen pistas horizontais. Boí Taüll cos seus 2020 metros de altitude de cota mínima, convértese na estación de esquí pirenaica con máis metros de altitude de cota mínima.
Servizos
editarDispón de multitude de servizos,aparcadoiro con 1.500 prazas, restaurantes, cafetarías, dúas escolas de esquí, servizo de alugueiro de material de esquí e de snowboard de 500 m², reparación de material, heliporto, servizo médico, zona infantil,...
Tamén existe a freeXperience, unha zona dedicada exclusivamente ao snowpark.