The Bloodhound Gang
The Bloodhound Gang é unha banda estadounidense de rock cómico, sendo a base das súas cancións principalmente o humor. Foi fundada en Quakertown, Pensilvania, en 1992, por Jimmy Pop e Daddy Long Legs.
Bloodhound Gang | |
---|---|
Orixe | Quakertown, Pensilvania, Estados Unidos |
Período | 1992 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, comedy rock, rap rock, funk metal |
Selo(s) discográfico(s) | Geffen Interscope Columbia |
Membros | Jimmy Pop DJ Q-Ball Evil Jared Hasselhoff Daniel P. Carter Adam Perry |
Antigos membros | Daddy Long Legs Spanky G Willie The New Guy |
Na rede | |
www.bloodhoundgang.com | |
Historia
editarEn 1995, a discográfica Columbia ofrécelles un contrato e gravan o seu disco debut Use Your Fingers. É nesta época cando o grupo sofre cambios na súa formación; Daddy Long Legs abandona a banda, e no seu lugar entran Evil Jared Hasselhoff, baixista amigo da universidade de Jimmy Pop, Spanky G, batería que logo sería substituído por Willie The New Guy, e DJ Q-Ball, curmán de Jimmy Pop, que chegaría xa no segundo disco, One Fierce Beer Coaster, álbum se publicou a mediados de 1996, inicialmente sen demasiada repercusión. Non obstante, grazas á publicidade da MTV e das radios alternativas, o disco acaba sendo todo un éxito. Máis tarde, en 1999, publican o disco Hooray for Boobies, que se torna un éxito mundial incluíndo o número un "The Bad Touch". Por último, coa axuda da discográfica Geffen Records sacarán ao mercado o seu último traballo Hefty Fine, no ano 2005.
Discografía
editarIntegrantes
editarActuais
editar- Jimmy Pop - cantante principal, guitarra
- Daniel P. Carter - guitarra, coros
- Evil Jared Hasselhoff - baixo, coros
- DJ Q-Ball - turntables, coros
- The Yin - batería
Pasados
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio Oficial de Bloodhound Gang
- MySpace de Bloodhound Gang
- Biografía en allmusic.com (en inglés)