Bisfenol
Os bisfenois son unha familia de compostos orgánicos que teñen dous grupos fenólicos. En xeral, estes últimos están unidos por unha ponte metilo e a molécula é entón un derivado do difenilmetano, pero este non é o caso de todos, como para os bisfenois S, P e M.
O termo 'bisfenol' designa a un grupo de compostos químicos. As letras que ás veces seguen a esta palabra, como no caso de 'bisfenol A' ou 'BPA', identifican un tipo específico de bisfenol, determinado polo reactivo concreto empregado na súa fabricación. Esas letras fan referencia ao reactivo usado, que pode ser o fenol ou un derivado deste. Dentro deste grupo, o bisfenol A (BPA) é o máis coñecido e, por iso, a miúdo refírense a el simplemente como «bisfenol».
Lista
editarEstrutura | Nome | Número CAS | Reactivo 1 | Reactivo 2 | Nome sistemático |
---|---|---|---|---|---|
Bisfenol A | 8 0 | Fenol | Acetona | 2,2-bis(4-hidroxifenil)propano | |
Bisfenol AF | 1 4 | Fenol | Hexafluoroacetona | 2,2-bis(4-hidroxifenil)hexafluoropropano | |
Bisfenol AP | 1 5 | Fenol | Acetofenona | 1,1-bis(4-hidroxifenil)-1-fenil-etano | |
Bisfenol B | 7 7 | Fenol | Butanona | 2,2-bis(4-hidroxifenil)butano | |
Bisfenol BP | 1 8 | Fenol | Benzofenona | bis-(4-hidroxifenil)difenilmetano | |
Bisfenol C | 7 9 | Cresol | Acetona | 2,2-bis(3-metil-4-hidroxifenil)propano | |
Bisfenol C II | 1 4 | Fenol | Diclorocetena | bis(4-hidroxifenil)-2,2-dicloroetileno | |
Bisfenol E | 2 0 | Fenol | Etanal | 1,1-bis(4-hidroxifenil)etano | |
Bisfenol F | 6 2 | Fenol | Formaldehido | bis(4-hidroxifenil)metano | |
Bisfenol FL | 3 2 | Fenol | Fluorenona | 4,4'-( 9H- fluor-9-iliden)bisfenol | |
Bisfenol G | 1 2 | 2-isopropilfenol | Acetona | 2,2-bis(4-hidroxi-3-isopropilfenil)propano | |
Bisfenol M | 1 3 | 1,3-bis(2-(4-hidroxifenil)-2-propil)benceno | |||
Bisfenol P | 2 1 | 1,4-bis(2-(4-hidroxifenil)-2-propil)benceno | |||
Bisfenol PH | 2 4 | 2-fenilfenol | Acetona | 5,5'-(1-metiletiliden)-bis[1,1'-(bisfenil)-2-ol]propano | |
Bisfenol S | 8 0 | Fenol | Trióxido de xofre | bis(4-hidroxifenil)sulfona | |
Bisfenol TMC | 1 2 | Fenol | 3,3,5-trimetilciclohexanona | 1,1-bis(4-hidroifenil)-3,3,5-trimetilciclohexano | |
Bisfenol Z | 8 4 | Fenol | Ciclohexanona | 1,1-bis(4-hidroxifenil)ciclohexano |
Medidas preventivas
editarSe o bisfenol A é recoñecido como un perturbador endócrino,[1] os bisfenois B, C e S son fortemente sospeitosos de selo tamén, agardando a publicación de estudos científicos.[2] En 2010 Canadá foi o primeiro Estado nación do mundo en declarar tóxico o BPA. En 2015 rebaixouse o nivel considerado seguro na Unión Europea.[3] En 2023 comprobouse que a exposición ao BPA supera os niveis aceptábeis de seguridade sanitaria en até once Estados membros da UE.[4]
Estes produtos tenden a liberarse do material cando se someten a calor; por iso, por precaución, recoméndase ao consumidor:
- Non quecer comida en envases de plástico no forno de microondas,[5] ou en latas de conserva (o seu revestimento interior é a miúdo de poliepóxido) ao baño maría.[6]
- Usar unha xerra feito dun material diferente ao plástico, e non unha botella dese material.[7]
- Evitar latas e cantimploras de aluminio, cuxo interior está revestido de poliepóxido.[3]
Notas
- ↑ "Summary. Infosan; Bisphenol-A (BPA) - Current state of knowledge and future actions by WHO and FAO" (PDF). cansa.org.za ; 2009 (en inglés).
- ↑ Rochester, Johanna R. (2013-12). "Bisphenol A and human health: a review of the literature". Reproductive Toxicology (Elmsford, N.Y.) 42: 132–155. ISSN 1873-1708. PMID 23994667. doi:10.1016/j.reprotox.2013.08.008.
- ↑ 3,0 3,1 European Food Safety Authority. (2015). No consumer health risk from bisphenol A exposure.
- ↑ "La exposición al bisfenol A supera los niveles aceptables de seguridad sanitaria en hasta 11 países europeos". www.infosalus.com; Europa Press (en castelán). 2023-09-14. Consultado o 2023-09-17.
- ↑ "Is plastic a threat to your health?". Harvard Health (en inglés). 2019-12-01. Consultado o 2023-09-17.
- ↑ Zheng, Jingyun; Tian, Lei; Bayen, Stéphane (2023). "Chemical contaminants in canned food and can-packaged food: a review". Critical Reviews in Food Science and Nutrition 63 (16): 2687–2718. ISSN 1549-7852. doi:10.1080/10408398.2021.1980369.
- ↑ Biello, David. "Plastic (Not) Fantastic: Food Containers Leach a Potentially Harmful Chemical". Scientific American (en inglés). Consultado o 2023-09-17.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bisfenol |
Outros artigos
editar----
Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |