Bion-M
Bion-M é o nome dunha serie de satélites rusos adicados á investigación biolóxica, sucesores das naves Bion.[1][2]
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/8/8e/%22Bion-M%22_layout_on_MAKS-2021_airshow.jpg/220px-%22Bion-M%22_layout_on_MAKS-2021_airshow.jpg)
Características
editarBion-M son as sucesoras das naves Bion para experimentos biolóxicos. Manteñen o deseño xeral das Bion, co módulo de reentrada derivado das naves Vostok pero co módulo de propulsión baseado no dos satélites Yantar, que permite á nave ter certa manobrabilidade e permanecer máis tempo no espazo. As Bion-M van alimentadas mediante paneis solares e poden pasar ata 6 meses no espazo. Teñen unha masa duns 6000 kg, aumentándose a masa útil en 100 kg. Son lanzados mediante foguetes Soiuz 2-1a.[1][2]
Misións Bion
editarMisión[2][1] | Data de lanzamento[2][1] | Data de regreso[2][1] | Resultado[2][1] |
---|---|---|---|
Bion-M 1 | 19 de abril de 2013 | 19 de maio de 2013 | Éxito |