Billete de 1.000 dólares estadounidenses

billete dos EEUU

O billete de 1.000 dólares estadounidenses foi un billete con ese valor facial emitido nos Estados Unidos entre 1862 e 1945.

Exemplar dun dos primeiros billetes de 1.000 dólares (1863), que forma parte da Colección Numismática Nacional (Museo Nacional de Historia Americana).

O billete foi retirado en 1969, mais a derradeira serie segue a ser aínda de curso legal.

Historia

editar

O billete de mil dólares dos Estados Unidos imprimiuse desde 1862 ata 1945. Tivo unha circulación moi escasa entre a poboación, dado que se concibiu principalmente como un billete destinado a facilitar as transaccións interbancarias.[1]

Do mesmo xeito que o resto dos billetes con valor nominal superior aos 100 dólares, o billete de 1.000 dólares foron suspendidos en 1946, aínda que se permitiu o seu mantemento na circulación ata o 14 de xullo de 1969, cando foron retirados.[1] A partir desa data, os bancos teñen a obriga de enviar calquera billete de 1.000 dólares ao Departamento do Tesouro para a súa destrución.[2]

Malia isto, a serie de 1934, emitida como billete da Reserva Federal, mantén aínda o curso legal, e en 2009 estimouse que quedaban 165.372 exemplares esparexidos por varios países de todo o mundo.[3]

Series

editar

Emitíronse sete series principais do billete de 1.000 dólares, con numerosas variantes:[3][4]

Galería

editar
  1. 1,0 1,1 "Historical Currency". Bureau of Engraving & Printing (BEP.gov).
  2. "Federal Reserve Notes". Board of Governors of the Federal Reserve System (Federalreserve.gov).
  3. 3,0 3,1 "History of the 1000 Dollar Bill". APMEX (Learn.apmex.com).
  4. Friedberg, A. L.; Friedberg Krause, I. S. (2006).
  5. "1.000 Dollars (1863)". Banknote.ws
  6. "1.000 Dollars (1880)". Banknote.ws
  7. "1.000 Silver Dollars". Banknote.ws
  8. "1.000 Dollars (1890)". Banknote.ws
  9. "1.000 Dollars (1875)". Banknote.ws
  10. "1000 Dollars Large-Size Federal Reserve Note". Numista.com
  11. "1.000 Dollars (1928)" / "(1934)". Banknote.ws

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar