Big Five (Festival de Eurovisión)
Big Five, Big 5 ou anteriormente Big Four (en galego: Os cinco grandes) é un termo inglés cos que se coñece aos cinco países que máis achegan economicamente á Unión Europea de Radiodifusión (UER).
Os países son:
Alemaña (2000-)
España (2000-)
Francia (2000-)
Italia (2011-)
Reino Unido (2000-)
No Festival da Canción de Eurovisión teñen acceso directo á final. Previamente, era denominado Big Four ata que Italia retornou ao festival no Festival de Eurovisión 2011.
A existencia do Big Five provocou certo desagrado nalgúns países participantes, por exemplo no Festival de Eurovisión 2013, Turquía manifestou a súa decisión de non participar no certame alegando, entre outros motivos, a clasificación directa destes países á final.[1]